TATUAR PALABRAS NO CORAZÓN. EU QUERO SER UN DYAK
Francisco Castro - 05-08-2005 09:51:29 | Categoria: Todos os meus artigos
En Borneo viven os Dyak ( alleos aos móbiles, alleos ao fútbol, alleos a internet, alleos ás modas, alleos a todo: felices ).Hai pouco decidiron recuperar as súas tatuaxes, abandonadas durante décadas pois foron convencidos, por nós, os occidentais, de que non eran "civilizadas", que era un costume bárbaro, que as súas tatuaxes eran feas. Véxoas nunha foto. Todo o contrario. Son fermosas flores, son elegantes liñas sinuosas que viaxan libertarias sen orde polos seus corpos, son como trisqueis que recordan dalgunha maneira á arte celta. Como algo tan bonito non vai ser civilizado.
Un vello explica por que recuperan, despois de tanto tempo de desleixo, as súas tatuaxes rituais: "cando perdamos as nosas tatuaxes, teremos perdido a nosa cultura".
Pensemos agora no galego. ¿Non deberiamos tatuarnos palabras en galego pero directamente, dentro do corazón? ¿Por que non converternos en Dyaks e así non deixar morrer a nosa cultura?, ¿por que non entendemos que se perdemos a nosa lingua perderémonos nós tamén?
Os indios máis remotos do máis remoto lugar do mundo son, ademais de máis elegantes, moito máis intelixentes cá Nós.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Apúntome a tua proposta. Sempre dixen que cando morre unha lingua morre parte da humanidade, por iso, cando cheguei a Barcelona, o primeiro que fixen foi estudiar o catalán, pra poder enseñalo os meus alumnos.
Agora solo me queda estudiar o galego que me negaron na escola. Pero fareino...
Bicos. Muralla.Comentario de muralla hace 2 años y 34 meses
-
Hai anos, subindo por unha rúa co coche, escoitei unha nova na radio estarrecedora: informaban da morte da única falante dun idioma indio. A muller morrera nunha reserva e pasara os últimos anos tentando aprenderlle a outros indios doutras tribos a súa lingua. Ningún quixo. A lingua, con ela, morreu. Daquela, muralla, noraboa pola túa actitude.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses
-
A língua e cultura galegas, como todas as que na história foram, não morrem espontaneamente, não desaparecem para a gente ficar muda. São sempre substituidas por outras. No caso galego, claro, suplantadas polo espanhol. Então, o assunto não é tanto fazer questão apenas da progressiva desaparição do galego mas definitiva instalação e substituição, em todos os âmbitos, polo espanhol. Porque em Vigo as pessoas não deixam de falar galego para falar inglês. Os quiosques, as livrarias, os mida, o ensino não estão repletos de materiais em inglês, senão em espanhol. O galego e a cultura nossa não se esvaim por si, não minguam por si, de jeito espontaneo, são atiradas e apagadas, em batalha continua, polo espanhol.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 34 meses
-
Podo estar en parte de acordo contigo. Pero só en parte. Acepto que desde fóra se traballa en contra da nosa lingua. Si. Pero hai algo que é indiscutible: a actitude dos galegos. É doado botarlle a culpa ao ensino, aos media, e a quen queiramos. Pero eu, como persoa adulta, teño unha responsabilidade sobre a miña vida. E tomo decisións. Se o galego desaparece ou non vai ser cuestión, máis que do empuxe doutras linguas, da actitude dos galegos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses
-
E a pel aínda que tarde, fai sair a luz as tintas das verbas que nos fixeron agochar. Eu estou a ver como os deseños se enchen de cores e collen senso na miña. Inda cun pouco de veleno. Índa con erros. Unha morea deles. Pero anse correxir porque ese é o meu desexo. Non é unha cuestión de loita, eu coido que somos afortunados en teren duas linguas cas que expresarnos. Cada unha co seu sabor propio. Pero é certo que unha a falamos quedo e a outra, (pode que por tantos anos de berros uniformados que nos chamaban pailans), saenos forte e rotunda coma castelans da mesma castela. Ei tomar exemplo do vello Dyak, esta visto que as civilizacions incivilizadas son as máis sabias.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 34 meses
-
En efecto, Rosa Velenosa, algún día temos que plantexarnos que entendemos por civilización.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses
-
Também concordo contigo em parte. Contudo, a atitude dos galegos, como a da gente de todo o mundo, vai-se formando e elaborando a través do que escutam, lêem, aprendem, do que estão imersos. E na Galiza, é de espanhol. Não somos impermeáveis. Eu quissera -um dizer- ter igual responsabilidade e atitude diante da minha língua da que têm umha pessoa de Getafe ou Paris com a sua. A gente da Galiza não têm menos responsabilidade do que estas e, penso, não se pode deslocar o que é uma situação histórico-política cara o plano duma decissão ou vontade individual de escolha, numa balança tremendamente desigual. Não é assim aqui, não em Irlanda.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 34 meses
-
O que pasa é que estes son tempos pragmáticos, a xente de a pé non pensa que a lingua galega sexa necesaria, quere que os seus fillos falen inglés, francés,...pero o galego so o piden nas oposicións para a Xunta, aínda que despois poucos funcionarios falen galego. As empresas teñen cartelería en galego porque esta subvencionado, non por un desexo de que se fale galego. A loita pola lingua é unha loita dun sentimento. A xente que se acerca ós libros en galego descubre a súa forza, e a xente que escribe en galego terá que responder moitas veces á pregunta: ¿Por que escribes en gallego? É unha resposta difícil, por que non podes dicir que tes o galego no corazón e que escribes co sangue que bombeas, pensarían que estas tolo por dicir iso... e por dicilo en galego.
Sentimentos aparte o que hai que facer é que a xente entenda que unha lingua e un ben tanxible, que si non fora así ¿porque tentaron (e tentan) que non se fale?
Comentario de venres hace 2 años y 34 meses
-
Estou de acordo con moito do que os dous dicides.
Interèsame especialmente o que sinala Venres. A de veces que, nestes anos, tiven que contestar a esa pregunta. A xente galega, nunha escandalosa maioría, pensa que es un tipo raro polo feito de escribir en galego. Por unha banda parécelles macanudo que sexas escritor. Anda, mira que ben, este tipo é un escritor. Pero despois, non dán entendido que escollas o galego podéndoo facer en castelán. Terrible.Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses