Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

UN VIGUÉS TRISTEIRO

Acodín onte á Feira do Libro de A Coruña e volverei mañá venres.
Estiven un bo cacho falando con Brétemas . Comenteille que, como vigués, dábame un pouco de mágoa ( e ollo, que ninguén interprete o que vén agora en clave localista, que eu paso moito diso e adoro A Coruña, ¿son peor vigués por iso? ) dicía que sentía moita mágoa por ver como na radio definian a feira coruñesa como a máis importante de Galicia, e que os principais xornais herculinos ( comprobeino nada máis chegar en La Voz e El Ideal ) dedicábanlle unha páxina enteira, cada día, á feira, é dicir, recoñecendo esa importancia e, ao mesmo tempo, dándolla diante da opinión pública. Algúns dos libreiros cos que falei confirmábanme que si, que alí a feira vai mellor que na miña cidade.
Como lle dixen a Brétemas, como vigués éncheme de tristura esa realidade. E non porque na Coruña funcione mellor, insisto, senón porque non dou entendido que pasa na miña cidade para que a Feira do Libro non sexa un dos grandes acontecementos do verán ( iso que, este ano, como xa comentamos, os esforzos por mellorala foron notables ).
Onte, o ambente era delicioso nos Xardíns de Méndez Núñez, xa non só polo público, senón pola programación da propia Feira, porque ao carón dela hai outra de arte, e porque máis aló había un grupo tocando música en directo.
¿Por que non pode ser así, tamén, en Vigo, é dicir, na primeira cidade de Galicia?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. A min da feira do libro da Coruña nesta semana traerome duas perolas en forma de versos.

    "Capital do corpo" de Fernan Vello onde hai alguns poemas cortos nos que produce aquelo que Baudelaire chama "o rapto da alma".
    " Poemas 1913-1916 de Maiakosky onde hai alguns versos sublimes pero o mellor é o Limiar de Trosky no que fai un exercicio de ignoracia poetica sublime.
    unha aperta dende Ourense a corenta graos

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 34 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.