ESTE PAVO ME MOLA UN GÜEVO
Francisco Castro - 01-08-2005 09:03:13 | Categoria: Todos os meus artigos
Pasei a tarde de onte na Feira do Libro Antigo e de Ocasión, en Vigo, á procura dalgunha rareza ( e merqueina: un estudo sobre Nietzsche publicado nunha estrañísima revista mexicana que non coñecía de nada. Só se tiraron 1000 exemplares hai unha manchea de anos. Non está mal por 10 euros ).Parado nunha caseta, dous rapazolos duns dezaoito ou vinte anos, así máis ou menos, achéganse a un libro. Un deles cólleo e solta:
- Este pavo me mola un güevo.
Era un libro sobre Gaudí.
O outro dille:
- ¿Y quién es ese pavo?
O outro respóndelle:
- Un jicho de bigotes así para arriba.
Sospeito que estaban confundindo ao pavo Gaudí co pavo Dalí.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Bom, é um principio. Quando menos pararam na caseta e apanharam o livro. Se esse gesto serve para resolver a confusão Dalí-Gaudí, ou ainda que não, faz de link para aceder a outros livros, outras ligações, pois muito bem.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 34 meses
-
Pois non. Nin sequera o levaron.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses
-
Menos mal que o público non é tolo
Comentario de Lor hace 2 años y 34 meses
-
Daquela haverá que conformar-se com guindar à processão do Cristo, quando passe pola Alameda, a velha edição d'A sagrada familia.
Comentario de jmlombardeiro hace 2 años y 34 meses
-
Teño as miñas dúbidas, benquerido Lor, de que eses dous rapazolos poidan entrar dentro do que categorizamos desde hai tempo "lectores". Daquela, sego mantendo que os lectores, os de verdade, non o "público", non teñen nada de tolos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses