¿QUE SIGNIFICAN AS PALABRAS?
Francisco Castro - 27-07-2005 06:49:02 | Categoria: Todos os meus artigos
En Alicia, o ovo Humpty Dumpty dixo: "Cando uso unha palabra, significa só o que eu quero que signifique; nin máis nin menos".¿Que significan as palabras?
¿Que significa liberdade, beleza, arte, individuo ou patria?
¿Quen ten a potestade para dicir cal é o significado das palabras?
Os tempos avanzan, en apariencia, mais seguimos igual. Sempre imos atopar señores das palabras dispostos a nos obrigar a aceptar unha única acepción para cada vocablo. Probablemente un empeza a estar dominado cando non sabe darlle un significado propio ás palabras, cando, dunha maneira acrítica, acepta o significado social das palabras, sen atreverse a pescudar outros. A verdadeira revolución consistirá en saber ver novos significados para palabras maltratadas. Sabíao Orwell cando deseñou a neolingua en 1984. Sábeno os que nos Venden Cousas sen parar. Investigade a manchea de anuncios que empregan a palabra liberdade. É case que soez manter que a liberdade pode ser mercada no mercado, se me permitides o xogo. Outro tanto fan coa felicidade, coa amizade, ou con calquera clase de sentimento elevado.
As palabras fundan o mundo. As miñas palabras son o meu mundo. Son eu porque teño palabras. Somos Nös porque temos Palabras.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Certo. Escolher entre a pepsi e a coca-coca cola, entre o carro da seat ou da citroën, escolher entre o que previamente nos é colocado no balcão para que o consumamos passa por ser a Liberdade. Vai-se diluindo ou substituindo o significado das palavras; logo vão desaparecendo, perdemos cada vez mais palavras, e esta bem ou esta mal, perdemos os matizes e a capacidade de responder e, enfim, ganha a demagogia, o amarelismo, a piada reacionária, a aculturação, ganha porque somos incapazes de neutraliza-la, porque nos faltam as palavras.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 34 meses
-
A todo iso súmase que a mocidade fala en sms. E, como dixo Wittgenstein, "os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo". E engadiu: e do coñecemento.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses