ROSALÍA DE CASTRO, MANUEL RIVAS E SUPERPIÑEIRO
Francisco Castro - 26-07-2005 10:23:33 | Categoria: Todos os meus artigos
Onte, coincidindo coa Data, La Voz de Galicia publicou un especial titulado "El ADN de los gallegos". Nunha parte, publicaban os resultados dunha enquisa. Preguntábanlle á xente cal é o seu personaxe galego favorito. Que Rosalía de Castro apareza de primeiro é unha boa nova. Moitos medramos escoitando o topicazo falso ese de que Rosalía era unha chorona que só falaba da emigración e do camposanto onde quedou seu pai e as campás de Bastabales e todo iso. Co tempo, descubrimos en Rosalía unha voz poderosa e moi radical. Unha poeta social que, a día de hoxe, aínda nos aprende cousas. De feito, sempre me impresionou o seu traballo. Ou cando dixo aquilo de que era consciente de que estaba a escribir unha poesía que os seus veciños non ían poder ler porque, sinxelamente, non sabían ler...Polo "ranking" de favoritos desfilan os personaxes. E, de súpeto, chegamos ao abraio. Por riba de Manuel Rivas está como Favorito dos galegos...¡tatacháááánnn! SUPERPIÑEIRO!!!!!!
Que cada quen tire as súas propias conclusións.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Só faltan Gayoso, Miro de Pratos Combinados, os Tonechos e
Pemán.
Que país !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!Comentario de folerpa hace 2 años y 34 meses
-
Pois mira, folerpa, toda esta xente axuda a facer país, non só os aprendices de escritores.
Comentario de Lor hace 2 años y 34 meses
-
Evidentemente, fai máis pais Gayoso ou os Tonechos ou Miro que os vixilantes da praia. En calquera caso, o que si semella, cando menos preocupante, é que para os galegos conte máis como "preferido" o presentador de Supermartes ( que tamén, mira o que digo, fai país ) que Manuel Rivas.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses