ESCRIBIR É UNHA FORMA DA LIBERDADE
Francisco Castro - 24-07-2005 00:06:07 | Categoria: Todos os meus artigos
Hoxe fun escoitar, de novo, ás Tanxedoras do Pandeiro, neste caso no Museo Liste de Vigo. E cando explicaban as orixes dos cantos tradicionais que elas agora recuperan para nós, dicían que a música, o canto, as coplas, servíanlle antes ás xentes para liberar as tensións e para levar mellor a vida. Como vemos, desde sempre, a arte foi parella á liberdade. Quizais por iso en canto agroman as dictaduras, os intelectuais marchan. Por iso, tamén, os nazis berraban aquelo de "morra a cultura".E volvo a Ana María Matute, como hai uns días, que vén de dicir nun curso de verán que "escribir é unha forma de liberdade".
A cousa é moi interesante.
No metro de Nova York abren xa as mochilas e os bolsos da xente. Diante das tímidas protestas dalgúns usuarios, o alcalde da cidade dixo algo así como que a quen non lle guste que non colla o metro, ou que dea a volta.
Chegan tempos confusos. Escribiremos. Para sermos e, sobre todo, para sentírmonos libres.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Esperemos que non nos rexistren o que escribimos.
Comentario de peke hace 2 años y 34 meses
-
Feble liberdade esa que se anuncia, nun mundo no que os saltélites son quén de asexar tralas cortinas das nosas casas, e se enchen de ollos mecanicos as ruas, as tendas, os colexios, e mesmo a igrexias. ¿Que nos a quedar para agochar?. Os pensamentos, e esos se poden fuxir do gran mercado de rebeldías a 1 euro o kilo que nos meten polas orellas os sumos sacerdotes da liberdade de expresión de tóda-las prensas. Opinions a carta, ata para os que non estan dacordo con nada. Todos coma o gando. Pensamento único sen que o pareza. Porque hoxe non hai nada que venda máis que as ovellas negras e o politicamente incorrecto, mentres faga sorrir. Dicia Matute que ela sintese libre cando escribe, ¿sentirase libre o hipotético lector que se achegue a unha librería?. Velaí promocións millonarias e supostos boca-boca que nos din que un libro está cheo de cousas prohibidas. E se cree. E se mercan. Por que o que se está a a mercar é esa rebeldía que nos están a extirpar no nome da seguridade. E haí imos, unha panda de lobotomizados, abrindo de par en par as carteiras, as intimidades, as liñas de teléfono, e as @. com, que eles queiran. 1984 quedouse curto, a seguinte parte estase a escribir. E venderase coma sardiñas para San Xoan. Caras, moi caras, pero non a quedar nin unha. Notase que está a chover, non me fagades moito caso.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 34 meses
-
A pesares da choiva, coido que si que hai que lle facer caso a Rosa. Fas preguntas intelixentes. Gústame o de que nos queda no territorio da liberdade o pensamento. Non sei. Xa inventarán algo. Se recordas 1984, a policía da novela chamábase, precisamente, A Policía do Pensamento. A ver se sae o sol.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses