YOLANDA CASTAÑO, FRAN ALONSO E CANEIRO
Francisco Castro - 17-07-2005 17:39:02 | Categoria: Todos os meus artigos
Un amable lector deste blog, que asina como "The dew upon the leaf" fixo hai pouco un comentario co que non podo estar máis en desacordo, sobre a Poesía Galega dos Noventa. Como que esas autoras non escribiron máis que ripios. Yolanda Castaño, por exemplo, é unha autora pola que teño moita querencia. O seu "O libro da egoísta" é un gran libro de poesía. Un libro sincero e moderno.Aproveito, de paso, para informar de algo que case que todos xa sabedes. Yolanda Castaño, así como Fran Alonso e Xosé Carlos Caneiro, acaban de ser traducidos ao alemán ( os dous primeiros ) e ao coreano o último. A Yolanda e a Fran, algúns poemas en versión dese galego xenial que é Franck Meyer, e a Caneiro, a súa magnífica biografía sobre Jorge Luís Borges que publicou hai dous anos en Espasa-Calpe.
Son boas novas que nos teñen que aledar a todos. Eu, de corazón, alédome.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Con sinceridad apenas he leído nada de Castaño, solo algunos versos sueltos, pero tengo la sensacion de que cultiva, consciente o no, el márketing personal y parece más una estrella de cine o de rock. No obstante esto no quita ni pone para que su obra sea interesante, pero parece otro caso de exaltación del joven escritor, tal vez como paso con Lucía Echeverría. Tal vez esto sea injusto y juzguemos por el físico, pero no trato de incidir en que su aspecto es agraciado sino en la utilización del mismo
Comentario de jim hace 2 años y 36 meses
-
Por unha vez voua a ser politicamnete correcto e omitir a miña opinión sobre a lírica Diva.
Os outros dous son casos sintómaticos do actual meracdo editorial galego. Fran publuicou o seu último libro de poemes en Portugal e Caneiro parce que ten que presentarse ao concurso da Voz para publicar e ainda así queda finalista.
Comentario de folerpa hace 2 años y 36 meses
-
A comparación entre Yolanda Castaño e Lucía Etxeberría non é afortunada. Claramente o segundo é un caso mediático. Agás "Amor, curiosidad, prozac y dudas", o resto da súa obra paréceme claramente prescindible. E non é que ese libro me gustase, precisamente. De Yolanda, coido que "O libro da egoísta" ou "Vivimos no ciclo das erofonías" son poemarios que resistirán o paso do tempo.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses
-
Pero Fran, no me has contestado a lo de cultivar la imagen como signo diferencial, aun aceptando tu criterio en cuanto a que Yolanda sea una gran escritora, que lo acepto.
Comentario de jim hace 2 años y 36 meses
-
Pois contesto. Hai escritores que, desde sempre, cultivaron, como ti dis, unha certa imaxe. Penso, por exemplo, en Oscar Wilde. Asociámolo cun determinado xeito de estar no mundo. Ou Neruda, sen ir máis lonxe. Non sei. Haberá un cento deles, e en parte, por iso, nos pareceron sempre tan interesantes. Independentemente diso, o valor das súas obras non ten nada que ver con iso, ¿non cres?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses
-
A respeito do cultivo da imagem, e à inversa dos casos que comentades, uma introspecção estrema como o caso de Salinger, de Pynchon, também não é considerada como posição vital legitima de deslindar vida e obra. E comúm ler sobre esta gente que fazem isto por pura estrategia de marketing, por snobismo eremita, etc..
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 36 meses
-
En calquera caso, tanto me ten. Coido que hai que separar Bios e Biblos. O que importan son as obras.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses
-
Claramente o segundo é un caso mediático. Agás "Amor, curiosidad, prozac y dudas
Comentario de pigmentos hace 2 años y 29 meses
-
Así o vexo eu tamén. Non teño empacho en dicilo: gustoume ese libro de Etxeberría. Pero o resto...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Yolanda Castaño, coa súa experimentación e orixinalidade, converteu o poema nun universo plástico e moldeable que se pode comparar con calquera outro eido do mundo artístico. A poesía é ARTE, tanta arte coma a pintura, a escultura ou outras, e coido que Yolanda Castaño lles fixo lembrar iso a moitos. Non pretendo criticar a aqueles que consideran a literatura (é refírome tanto á poesía como á narrativa) coma un pasatempos de calquera ou, se acaso, un malogrado acto mecánico; pero o que si afirmo é que sempre vai ser mellor promocionar poemas ca estragalos con retóricas sen senso nin significado. Seica pretenden algúns que a poesía se estanque na prehistoria, totalmente aparcada nos caixóns das grandes librerías?. Yolanda Castaño está a espertar pouquiño a pouco o gusto polo poema (o poema delicioso) e asemade elevándoo á categoría de arte moderna (acaso non se promocionan os pintores, fotógrafos e demais de maneiras diversas). Dende o meu humilde punto de vista UN 10 Á YOLANDA, Á SÚA ARTE, Á SÚA PERSOA E Ó SEU XEITO. Que sexa así por sempre esta muller.
Comentario de madonna hace 2 años y 25 meses
-
Eu tamén lle dou un 10. Suscribo todo o que dis.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses