¿POR QUE NON SE APOIAN AS FEIRAS DO LIBRO?
Francisco Castro - 13-07-2005 17:47:55 | Categoria: Todos os meus artigos
Escribo urxente antes de saír pitando para a Feira do Libro de Pontevedra, que se inaugura hoxe cun pregón de Antonio Reigosa e a actuación estelar das miñas pandereteiras favoritas, as Tanxedoras do Pandeiro.Daquela, falemos, outra vez, das feiras.
Porque hoxe, en La Voz de Galicia, Arximiro Blanco, o director da Feira do Libro de Vigo, que vén de rematar, di que foi un éxito a pesares de que o Concello de Vigo "non puxo nin un duro na organización". Xa vos contarei na de Pontevedra mais, en calquera caso, é ben triste que os concellos non apoien estas iniciativas. Si hai cartos para cousas sen moito valor como a absurda "Batalla de Flores" de hai uns meses. Ou para traer "triunfitos" ás festas de Castrelos ( que xa andiveron por aquí dando a brasa ).
Para o que importa, non hai.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
O das flores e comprensíbel dada afección da loira Korinita polas xaridineiras, sebes e demais aspectos da floricultura.
Comentario de folerpa hace 2 años y 34 meses
-
Estoy de acuerdo pero a los que les gusten las flores tambien tinen derecho y supongo que pagan impuestos. Y lo peor es que si se hiciese una encuesta o referendo ( secreto para que cada uno diga lo que quiera) ssalía que mejor la batalla de flores los conciertos y las fiestas. Somos así
Comentario de jim hace 2 años y 34 meses