Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

PALABRA DE AUTOR. PALABRA DE AUTORA

Por iniciativa da Televisión de Galicia e da Asociación Galega de Editores, recibín o libro Palabra de autor. Palabra de autora, un volume que recolle as intervencións, a diario, e no Telexornal ( é dicir, en horario de máxima audiencia na TVG ), da meirande parte dos escritor@s galegos que sacamos algún libro entre Maio de 2004 e Maio de 2005.
Independentemente de que quede todo rexistrado nun volume fermoso, e no DVD correspondente, o que máis me interesa gabar aquí é que a iniciativa coordenada por Paco López-Barxas fixo que a literatura galega fose noticia cada día do ano.
O libro galego, como algo importante e salientable nos informativos.
Así debe ser.
Daquela, só nos resta apostar porque na vindeira tempada, na TVG haxa un programa de libros ( hóuboo, lembrades, hai décadas ), como noutras televisións europeas. É un dos baleiros máis claros da nosa televisión. E estou certo de que sería un programa de éxito.
( ¿Seguimos facendo os deberes de verán? )

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Sim. Lembro o programa cultural de Luis Mariño na TVG (90's). Era magnífico, mas emitido coma sempre às tantas da madrugada. A inexistência desta programação cultural na TVG está no gume da ilegalidade porque a entidade não foi constituida apenas como acontece, p.e. com TeleMadrid, para ser mais uma canle na que ver futbol ou entretenimento. A TVG têm uma função social de promoção do facto cultural galego. Sem isto, não teria razão de ser, mesmo estatutariamente. A iniciativa nos telejornais de Palabr@ de Aut@r é muito meritória da parte de quem a realiza mas, como bem dizes, há que reclamar esse(s) programas(s) já, há que lembrar porque os galegos temos uma TVG.

    Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 39 meses

  2. Tes o barco ao garete meu náugrafo. Débese estar coma dios aboiando na augas frías do mar...

    Comentario de folerpa hace 3 años y 39 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Futbol real madrid