Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

OS SOÑOS. A ESPERANZA. OS LIBROS. O HOMO BIBLIOGRAPHICUS.

Recoméndovos vivamente un paseo pola Feira do Libro de Vigo, este ano en Montero Ríos.
No pregón inaugural, o venres pasado, o poeta galego Alfonso Pexegueiro dixo algo que asino ao mil por cento: "Eu podo aventurarme a dicir que o libro vivirá o que vivan os soños no ser humano e a esperanza".
En 1984, o libro de Orwell, o Estado conseguía, a través da neuroloxía, que a xente non soñase. Ben sabían eles que para controlar mellor á xente había que lle quitar, entre outras cousas, a capacidade para soñar. Daquela, os libros e as historias que conteñen gardan unha gran relación coa liberdade e a esperanza, é dicir, coa posibilidade de soñar un futuro mellor. O lector é fantasioso e, xa que logo, non pode evitar ser utópico.
Seremos humanos na medida en que segamos a ser un Homo Bibliographicus
( E lembrade que, para este mes de Xullo, temos deberes. Gracias )

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.