Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿QUE PODEN LER OS NENOS? FAGAMOS UN CANON

Un amable lector deste blog anímame a que diga que entendo eu por clásicos para que lean os nenos, dado que afirmei hai uns días que había moitas estupideces politicamente correctas, e que estabamos fabricando parvos en troques de lectores.
Quero invitarvos desde aquí a que, partindo desta miña primeira proposta ( feita cunha certa urxencia para principiar o debate, e que irei completando ) me axudedes a facer unha lista deses libros que consideramos clásicos para a lectura infantil. Centrareime, en primeiro lugar, en autores da literatura universal, máis que nos galegos. Sentídevos libres para suxerir ( a poder ser, xustificando o por que ) calquera proposta.
Velaí vai: ¿que clásicos deben ler os nenos?
Algunhas de Stevenson ( A Illa do Tesouro ), case que todo Verne, case que todo Salgari, Andersen ( o real, o deverdade, o orixinal, non o edulcorado por Disney e algunha que outra editorial ), a poesía de Gloria Fuertes.
E, en galego, aínda que non é un "clásico", leva camiño de selo, todo Agustín Fernández Paz ( en especial "Aire Negro", "Contos por palabras", "O meu nome é Skywalker" e "Noite de voraces sombras" ), e algúns libros de Neira Cruz ( "O armiño dorme" e "As cousas claras" ).
Obviamente a lista que eu mesmo faría pode chegar moito máis lonxe. E chegará. Hai autores de Aquí e de fóra que irei metendo a medida en que vaiades engrandecendo este debate.
Agardo os vosos comentarios.
Feliz verán para todos.

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] ( ¿Seguimos facendo os deberes de verán? ) Comentarios (0) - Referencias (0) Referencias Dirección para referencias Comentarios Nombre Correo Electrónico URL Tu com [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 3 años y 38 meses

Comentarios

  1. Aos cativos há que inicia-los na vida -e a vida, claro, é fodida, fermosa e disparatada- e não prepara-los, com histórias pautadas, para o consumo de teleromances. Os dous volumes de "Alicia"; são duma imaginação fora do comúm.

    Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 38 meses

  2. Vas a tiro fixo. ¿Logo criticas o politicamente correcto? Segues sen mollarte.

    Comentario de Lor hace 3 años y 38 meses

  3. Eu gostei de dous White Ravens 2005: Bolboretas de Docampo e Cobas e O brindo de ouro de Xesus Manuel Marcos.

    Comentario de Salgari hace 3 años y 38 meses

  4. Un clásico, clásico "de noso" serían as Memorias dun neno labrego que varias xeracións leron/lemos na escola. Acho que hai tempo que non é unha lectura nas aulas e non viría nada mal retomalo e amosarlles aos nenos das nosas cidades qué é iso da aldea da boca de Balbino (e non ir á adulteradas granxas chamadas granxas-escola).

    Comentario de Xosé Ramón hace 3 años y 38 meses

  5. Por suposto, Alicia, as dúas entregas, semellan esenciais. Como o de Neira Vilas. Engado agora o libro de Xosé Miranda, "Morning Star", en Xerais, que aínda que apareceu na colección literaria, coido que é un libro que se pode ler perfectamente por un público xuvenil. Gracias polas suxestións. Agardo máis.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  6. Reproduzco aquí el comentario que realizo en otra referencia y aprovecho para recomendar literatura de humor, quizas para niños creciditos o primeros adolescentes, entre la que cito por ejemplo "Tres hombres en una barca". También pienso en libros que leí de niño y que ya no recuerdo, que no eran necesariamente clásicos pero que enseñaban divirtiendo( en concreto recuerdo una serie de libros de un joven que se situaba en distintos episodios de la historia ( Napoleón, Las Termópilas, Gengis Khan etc. cada vez aparecía en un escenario histórico. Me parece recordar que se llamaba Tocon o algo así ¿os suena?).

    Comentario:
    Quizás todo parte de pensar que el hombre es unica y esencialmente bueno. Si lo hemos olvidado leamos el señor de las moscas y revisemos la historia: el hombre cubre toda la paleta de colores morales y emocionales desde lo más sublime a lo máslamentable. Y a eso es , en el fondo a lo que hay que recurrir para los cásicos, ya sea para niños como para adultos. A enseñarles lo que hay, las fuerzas en que se divide el mundo, porque si no conocen el mal , no lo "reconocerán" y deben conocerlo para poder elegir. Los clásico a la vez que entretienen enseñan lo que hay , y por supuesto también toman posturas y realizan su moraleja, pero el niño debe darse cuenta y no caer en la estupidez de que todo es como le cuentan las narraciones "políticamente correctas"

    Comentario de jim hace 3 años y 38 meses

  7. Interesante este comentario de jim. Porque ás veces parece que só a literatura infantil e xuvenil actual "educa en valores" e lles fai aprender cousas aos nenos. Iso tamén pode facerse desde os clásicos. E, por suposto, desde moitos dos libros que se escriben e publican a día de hoxe.
    Sego coa lista. Esquecímonos de Dumas.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  8. O Principezinho, do que, ademais do agasalho da sua leitura, qualquer rapaz pode extrair chaves e origens para a comprensão de textos e imagens contemporâneas. E, em autores galegos, e já para adolescentes, A nosa cinza, um livro que os rapazes liamos duma tacada (vinha sendo o nosso Vigia no centeo).

    Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 38 meses

  9. A Nosa Cinza, de Alcalá foi, lémbroo moi ben, todo un descobrimento na época do instituto. Marabilloso. Insuperable en moitos aspectos. En especial se o lemos desde a perspectiva do tempo. E "Merlín e Familia", de Álvaro Cunqueiro. E, por que non, O vixía entre o centeo, de Salinger. Eu lino en 2º de BUP ( a actual 4º da ESO ) e encantoume. Engado, de paso, calquera das moitas antoloxías que hai de contos de Gabriel García Márquez.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  10. Escutei há umas horas, em Radio Voz, que a Feira do Livro de Vigo iba estar "algo deslucida" porque não haveria presença de escritores "nacionais" nas casetas, estão cansos pela "Feria del libro" madrilenha e não estão para vir de bolos por provincias. (Desculpas pela digresão, mas farta a estas alturas tanto pailanismo). Volto ao rego. Quando eu cheguei ao insti, curso 84-85, A nosa cinza já não era leitura obrigatoria; o livro, porém, deixara tanta pegada que os alunos de cursos superiores falavam ainda del. Polaroid, também foi, é, um livro audacioso, que agarrou a muitos rapazes para a leitura.

    Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 38 meses

  11. É probable que non fose lectura obrigatoria. En calquera caso, estou certo de que foi a través dun profesor como me chegou o libro. E encantoume. Non podo dicir o mesmo de Polaroid ( como libro para mozos; coido que un adulto ha disfrutalo moito máis ). Aínda que gusto de moitas cousas de Suso de Toro.

    Comentario de FRancisco Castro hace 3 años y 38 meses

  12. A min Polaroid paréceme unha merda tanto para mozos como para adultos.

    Comentario de Lor hace 3 años y 38 meses

  13. Irmáns Grimm, Philip Pullman, contos tradicionais recompilados por Almodóvar, Las trece vidas y media del capitán Osoazul de Walter Moers...
    Entreteñen, divirten, aprenden valores e actitudes. ¡Ah! E non quero esquecerme de J.K.Rowling e o seu Harry Potter.

    Comentario de peke hace 3 años y 38 meses

  14. Supoño que cando falas de nenos falas de adolescentes e preadolescentes. Levo 40 anos de mestra de escola e desde fai anos defendo que os nenos lean, tebeos, contos máis ou menos clásicos, pero que comencen lendo o que lles guste, que tanto na casa como na escola se lles conten contos e se lles lean.
    Podo asegurarche que muitas veces os preferidos en xeneral por un curso non tiñan nada que ver cos de outro ano, ainda sendo o curso o mesmo...
    Aconsellei a moitos pais ler "Como una novela" de Daniel Pennac,
    porque creo que axuda moito a que padres e educadores incitemos a lectura, que é o máis importante, que a descubra e disfrute con ela, despois xa seleccionará...
    Non quixera parecer pedante ca miña opinión, xa sabéis que os mestres as veces pecamos de querer dar lecciós. Nada máis lexos do meu deseo e si o entendedes así pido perdón.
    Muitos bicos. Muralla.

    Comentario de muralla hace 3 años y 38 meses

  15. De nena gostei moito de Momo e La historia Interminable. E, por citar algún outro do que non falachedes xa, calquera dos do Padre Brown, de Chesterton ou "El hombre que fue jueves" tamén deste autor.
    Saúdos.

    Comentario de Hai Cada hace 3 años y 38 meses

  16. De nena gostei moito de Momo e La historia Interminable. E, por citar algún outro do que non falachedes xa, calquera dos do Padre Brown, de Chesterton ou "El hombre que fue jueves" tamén deste autor.
    Saúdos.

    Comentario de Hai Cada hace 3 años y 38 meses

  17. Súmome ao de Pennac. O seu libro "Como unha novela" ( que pode lerse en galego en edición de Xerais ) debería ser de lectura obrigada para os pais, para que entendan que á lectura aos nenos só se lles pode enganchar polo pracer.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  18. E Kipling e O Libro da Selva. ¿Como puiden esquecerme?

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  19. Non esquezamos a Dikens

    Comentario de Lor hace 3 años y 38 meses

  20. Si, ¿pero concretamente que de Dickens?, ¿poden entendelo todo?

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  21. Non podemos esquencer a Gianni Rodari e os seus Contos ó telefono ou a Gramática da Fantasía.......
    Absolutamente xenial.

    Comentario de Bookman hace 3 años y 38 meses

  22. As aventuras de Oliver Twist

    Comentario de Lor hace 3 años y 38 meses

  23. "Visconde partido ao meio", "Cavaleiro inexistente" e "O barão nas árvores" do Italo Calvino, com versão em Xerais. E o delicioso, cunqueirão, as "Cidades invisíveis".

    Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 38 meses

  24. Ás veces penso que miramos segundo os nosos gustos. Dei clasze durante moitos anos e acababa flipando cos gustos dos rapaces. Un libro que sempre que se puxo tivo éxito foi Cartas de inverno de Fernández Paz. Encantáballes o arrepío do terror, aínda que a min o final sempre me pareceu un chisco fallido.

    Comentario de peke hace 3 años y 38 meses

  25. No creo que la solución pase por buscar libros que los jóvenes "deberían leer" según la opinión de unos cuantos y hacerlos leer en los colegios o hacérselo leer a los hijos en casa. La lectura debe fomentarse en casa y, si se hace correctamente, al jovenzuelo en cuestión le gustará leer, y el mismo decidirá sus gustos en cuanto a literatura, luego se le puede recomendar este libro o este otro si creemos que le gustarán, pero el mero hecho de leer esos libros por muy buenos que podamos creer que son no le impulsará a leer. Digo esto porque precisamente yo tengo 18 años, y tengo la suerte de que en mi familia me inculcaron el gusto por la lectura desde pequeño, y soy un implacable devorador de libros. Pero, aunque mis padres siempre me hablaron de este libro o este otro, y yo pude hacerles caso o no (la isla del tesoro es magnífica), mi gusto por la lectura no viene de esos libros, sino de la lectura en si. Y por cierto, cualquier cosa que se haga leer en el colegio en pleno curso es incomible aunque sea la mejor obra del mundo y ese autoritarismo literario a lo único que lleva es a que los jóvenes les cojan asco a los libros.

    Comentario de Guybrush hace 3 años y 38 meses

  26. Non teño claro que Oliver Twist sexa o máis recomendable para cativos. Prefiro o Conto de Nadal. E quero meter na lista as Viaxes de Gulliver.
    E ao respecto do que di Guybrush, tamén habería moito que dicir. ¿Fomentan a lectura os libros que se recomendan durante o curso?

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  27. Cómpre saber vender o produto. Explícome: hai maneiras e maneiras de poñer libros de lectura. Se se fala un pouco deles, coma quen non quere a cousa, dando unha no cravo e outra na ferradura, podes conseguir que os rapaces lean por gusto un libro que soubeches presentar. Pero para iso non hai fórmulas, só caracteres.
    E si, coido importante que os rapaces lean, porque se non o fixesen se perderían algo importante. Pero hai que competir con consolas e demais andainas; por iso digo o de saber vender o produto. O que importa é se hai interese entre o profesorado de vendelo.

    Comentario de peke hace 3 años y 38 meses

  28. E quero seguir engordando a lista: Orscar Wilde e o seu Príncipe Feliz.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  29. Sobre los viajes de Gulliver, tal vez ahora sea un libro para niños, pero en su época se trataba de una sátira socio-política ( si es que de aquella se denominaban así)

    Comentario de jim hace 3 años y 37 meses

  30. Desde logo, e hoxe, por que non, tamén se pode ver así. ¿Ou non hai intolerancia a esgalla e actuacións dos poderosos repudiables?

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.