¿CANTO HAI QUE PAGARLLE A UN ESCRITOR GALEGO? UNHA REFLEXIÓN TRISTEIRA E POLÉMICA
Francisco Castro - 28-06-2005 14:45:53 | Categoria: Todos os meus artigos
Onte, máis de 150 músicos, entre os que estaban xente de tanto valor como Carlos Núñez, Milladoiro, Berrogüetto, Luar na Lubre, Quempallou, Fía na Roca, Rodrigo Romaní ou Rosa Cedrón, entre os nosos, e Eliseo Parra, José Antonio Labordeta,Hevia, Nuevo Mester de Juglaria, Kepa Junquera ou Marina Rosell, entre os de fóra, asinaron un manifesto para reivindicar a música de raíz e tradicional. Levan razón en todo o que din.Pero o que din lévanos a facer algunhas preguntas.
Din no seu manifesto ( e levan razón ), que dada a importancia do seu traballo, ao músico hai que lle dar "un salario xusto para garantir a continuidade da herdanza cultural". Levan razón. Xa o dixen. Se os músicos de folk non cobran o que é xusto, quizais se vexan obrigados a dedicarse a outra cousa e, daquela, culturalmente todos perderiamos moito.
Supoño que todo o mundo estará de acordo en que outro tanto vale para os escritores galegos. ¿Ou non é o seu labor importante para o país?, ¿non merecen os escritores galegos un salario xusto por escribir, é dicir, non deberían vivir da literatura?, ¿non se xoga nada un país diante deste fastío que semella que se sente pola literatura de Noso e pola dignidade dos autores de Aquí?
Leo nunha revista que José Angel Mañas vendeu 300.000 exemplares de "Historias del Kronen" e que desde ese o seu primeiro libro vive só da literatura. Hai uns anos, Lucía Etxeberría dicía que podía vivir, o resto da súa vida, dos dereitos de autor de "Amor, curiosidad, prozac y dudas". ¿Cantos libros ten que escribir un autor galego para vivir da literatura?
Os que asinaron o manifesto sinalan tamén que os traballadores desta arte "merecen o recoñecemento e a recompensa dos seus dereitos de autor". Levan razón. E din que deben de ser respectados. E levan razón de novo. E todo o mundo ten claro que ser respectado significa estar xustamente pagado.
¿Os escritores galegos son respectados dentro de Galicia?, ¿teñen o recoñecemento que se lle supón como pago polo seu traballo?, ¿seica valemos tan pouco?
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Claro que sí. Pero onde quedaría entón esa visión tópica dos escritores mortos de fame, contanto as súas vivenzas, as súas penurias, os seus problemas por sobrevivir cada dia. Que mellor material pra unha novela.
Tes razón, pero hai que manter as tradicións por iso os escritores e os mestres (en galicia tamén escriben) mellor que as pasen "canutas", que non é cuestión que se aburguesen ...
Unha aperta.Comentario de dasmam hace 2 años y 35 meses
-
Pois veña, todos coma esmoleiros a facer quenda diante da Consellería respectiva do Novo Pais para solicitar a subvención.
Musicos, escritores, canteiros, afiadores, telleiros, cesteiros, tecelás, redeiras, labregos....
Ah!!!! e eu tamén quero a miña axudiña, a ser posíbel en €, que traballiño me da ser dos poucos en facer tódolos escritos xudiciais en galego.
Comentario de folerpa hace 2 años y 35 meses
-
Non estou de acordo que ser respectado sexa estar xustamente pagado, paréceme que máis ben ten que ver ca integridade e co saber facer. Depender de estar xusta ou inxustamente pagado pode dar lugar a vendas que teñen pouco que ver co respecto. O mellor é que o teu estómago non dependa da túa creatividade
Comentario de derrota hace 2 años y 35 meses
-
É un risco que tes que asumir, lanzarte a escribir: a logo non chorar se fracasas, coma calquer autónomo. Agora ben, pedir esmola en forma de subvención semella excesivo, porque todos temos dereito a ela. Tamén os que lle dan á vasoira polas rúas de Vigo adiante, que ó mellor nos ratos libres escriben poemas que ben merecen un premio. Porque despois atopas cada porcallada nos andeis, que pa qué.
Comentario de Rafael Viñó hace 2 años y 35 meses
-
Levas toda a razón. E conste que o da subvención non o dixen eu senón Folerpa.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Los que pueden vivir de los derechos de autor es porque sus obras se vendieron mucho, lo que no significa necesariamente que sean buenas. El que quiera cobrar mucho que se haga Pérez-Reverte. Pero yo pensaba que todos pensabamos aquí que se escribía por placer y no por dinero, y uqqe el tiempo dirá que es bueno y que no y no se acordará de los contratos y los derechos de autor. ¿Cuanto vale algo o alguien? Desgraciada o afortunadamente lo que se este dispuesto a pagar y a aceptar, a no ser que se prefiera pesebrear para que te den subvenciones, cosa que no creo que sea mejor que volverse PerezReverte.
Comentario de jim hace 2 años y 35 meses
-
sigo dándole vueltas e insisto: si no están de acuerdo con lo que se le paga, al igual que pueden estarlo los albañiles, los ingenieros o los empleados de banca ( variedad, para intentar no caer en la demagogia) , a quien se tienen que dirigir es a sus pagadores, es decir a la empresa que les pague o grupo empresarial. Y en el caso de los que firman el manifiesto pues a las discográficas y a los que les paguen, vamos digo yo, porque un manifiesto está bien, y hay ejemplos de ellos, el manifiesto dadá y tal, pero para quejarse de que no se cobra lo suficiente, ¿un manifiesto? ¿dirigido a quien?. ¿O es que queda feo enfrentarse con los directores de discográficas, editoriales etc.
No intento ser polémico sino declarar que para mí lo del tema de la pasta no tiene mucho que ver con la cultura, el que intenta ser creativo o hacer arte, una vez que tiene asegurado el sustento, me parece que debe crear y no preocuparse tanto por la pasta, auqnue los ejemplos históricos a veces nos desmienten (Picasso sin ir más lejos)
¿qué pensais?Comentario de jim hace 2 años y 35 meses
-
Sabes qué pasa, qué eu son mestra, e sei muito deso de non estar ben pagada, e agora que me xubilo xa me acostumbrei...
Iso non quere dicir que non reclame para o arte de escribir unha paga digna, que lle permita o bon autor, escribir tranquilamente, pero neste mundo das editoriais, discográficas e demáis m... sempre se fan ricos os mesmos.
Unha aperta moi grande. Carmiña.Comentario de muralla hace 2 años y 35 meses
-
Leva moita razón muralla no que di. Están mal pagados os profesores, e os escritores, e os músicos e, en xeral, todos os que teñen que ver coa cultura. Un Bisbal pode forrarse. Ou un famosete que escriba calquera chorrada de libro. Os escritores deben estar ben pagados, jim, por unha mera cuestión de dignidade. O outro día, un poeta moi novo que se está deixando as pestanas organizando recitais por toda España dicíame que só tiña gastos. Recomendeille vivamente que esixa ser pagado. Parece que sempre temos que andar a chorar. Ou que o feito de publicar xa é en si mesmo un premio. É parte do premio. E ninguén escribe pola pasta. E moito menos en galego. Escribimos por dez millóns de motivos diferentes, non por cartos. Pero nesta sociedade na que vivimos, na que entendemos que unha Normal Duval, por exemplo, cobre por "inaugurar" unha terraza, non nos queda máis remedio que insistir na necesidade de nos profesionalizar ao máximo.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
A pasta e a cultura estão ligadas desde o momento que as pessoas que criam arte, como toda a gente, estão inseridas no presente modelo econômico. E nele não se pode viver sem dinheiro. Imagino que aqui falamos de SupervivenciA (fundamental, a pasta) e não de ser proprietario duma terceira residência com piscina e 4X4 em Nigrão. O mercado galego é cativo -isto seria outro tema- e os escritores galegos não têm apoios mediaticos privados na Galiza, pendentes como estão de qualquer Antonio Gala; nem apoios públicos. Não há programação cultural na TVG (>não há difussão). Ora, uma opinião, qualquer cousa que faz, que produze, um "artista" não é arte, e esta, à sua vez, não é um algo autónomo, ligada ao Absoluto ou à Beleza ou à Dignidade nacional. Penso. Bom, no caso galego, em qualquer caso, seria adequada, impresindivel, a existência de bolsas para obras concretas. Vas fazer tal livro, tal obra?: pois X dinheiro público. Seria, quizais, polémico, e por aí poderiam coar-se arbitrariedades, discrecionalidades na concesão das bolsas..Mas também humanizar a Alameda de Vigo é polémico, e faz-se.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 35 meses
-
Xa se deron bolsas no seu día na Galiza e suprimíronse. ¿Por que non se profesionaliza vostede ó máximo, Sr. Castro? ¿Por que non se lanza, como, por exemplo, o Sr. Suso de Toro, e prescinde de salarios públicos? ¿É que non hai o que ten que haber?
Comentario de Lor hace 2 años y 34 meses