Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

AS BRAGAS E A POESÍA

Xuro que a historia que conto de seguido é absolutamente certa.
A semana pasada recorrín varias tendas de Vigo á procura dun bañador. Nunha delas, había tamén unha non pequena mostra de lencería feminina. Os meus ollos foron atrapados por unhas bragas. Pero non polo que estades a supoñer, mal pensados, senón porque estaba chea de letras.
E como primeiro de todo son un lector ( antes que escritor ), achegueime, collinas na man e lin non sei que cursilada sobre "no llegues tarde que el corazón no me late" e " las estaciones se mueven despacio cuando la luna sale" ou "el círculo es el ámbar irisado de tus pupilas" e ripios polo estilo.
Pensei: velaí un novo camiño para promocionar a poesía. Poemas en bragas.
En casa, xa co bañador comprado, concluín que este será Un País Normal o día no que os gallumbos e as bragas estean cheos de fermosos poemas de amor. En galego, por suposto.

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] un comentario co que non podo estar máis en desacordo, sobre a Poesía Galega dos Noventa. Yolanda Castaño, por exemplo, é unha autora pola que teño moita querencia. O seu "O libro da egoísta" é un gran libro de poesía. Aproveito, de paso, [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 36 meses

Comentarios

  1. Será fermoso poder ler nas bragas a Rosalia ou Benedetti.
    Bicos e apertas. Muralla.

    Comentario de muralla hace 3 años y 36 meses

  2. Sintoo, pero non, textos poeticos na roupa exterior. Nas bragas e calzons, frases curtas, imperativas, porcas, dexeso, sexo puro e duro, a poesia deixemola para a seduccion.

    Comentario de leo hace 3 años y 36 meses

  3. Fran, non sei que tipo de bragas son as que teñen tea suficiente para ter escrita unha frase. Hoxendia nas bragas só entra unha vocal ou como moito unha consoante. Bueno, a non ser as das avoas.

    Comentario de derrota hace 3 años y 36 meses

  4. Pois a braga, a verdade, era máis ben mínima. E a gracia do asunto está en que hai que ir dándolle a volta para lela completa. Que cada quen imaxine, a partir de aquí, o que lle pete.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses

  5. Há pouco ainda era habitual encontrar nas livrarias, na secção "literatura galega" manuais de direito, matemáticas, as traducções todas -isto têm seu aquel sugestivo- livros de cozinha...Com criterio, nos grandes armazens e nos hipers, não seria impossivel essas bragar irem também para os andeis da secção de galego. Havia de ser curioso.

    Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 36 meses

  6. Ou,moito mellor, nas tendas de lencería, vender libros eróticos (eu escribín un ). O asunto é innovar.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses

  7. Veña, señores. Iso que pedides xa existe: chámase 'Poesía dos 90'. E os seus versos, se non ripiosos, son case tan malos como os das devanditas bragas.

    Comentario de The dew upon the leaf hace 2 años y 36 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.