Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

CALQUERA PODE ESCRIBIR E PUBLICAR

Contan as crónicas que Sadam pasa as horas dando de comer aos paxariños e escribindo. Hai un ano, a muller de Bush lía en público un poema escrito polo seu marido ( de certo que lembrades aquela fermosa comparación entre ela, a súa amada, e un portavións; ou aqueloutra referencia ao seu amor, definido no poema coas fermosas e evocadoras verbas, "o meu pedaciño de carne quente"... ). Franco escribiu o guión dunha película. E Hitler, Mein Kampf. E hai pouco atopei nun andel as Obras Completas de Stalin.
Calquera pode escribir e publicar. Non é tan difícil.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Que calquera pode escribir e publicar está claro: só hai que ver o andel de novidades de calquer libraría. Presentadores de telediarios despedidos, cómicos, políticos retirados, e unha longa ristra de chourizos... Tanto en castelán como en galego publícase moito e todo o mundo pensa que con escribir un libro xa é algo no mundo. Pero claro, de escribir e publicar a que ese libro resista o primeiro ballón, xa é outra cousa...

    Comentario de Lor hace 2 años y 35 meses

  2. Vistos os exemplos que das tereime que convertir en ditador xenocida ou presentarme as elecións en USA.
    E grazas polos teus azos, sempres estás aí.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 35 meses

  3. O peor é que algún deses, ou outros como o amigo Ansar ou o filosofo Urdaci, chegan a ser best seller. Como sabedes isto non quere dicir que sexan moi lidos, pero si que moita xente cree que ter un destes “autores” nas súas librerías é un prestixio.

    Comentario de Eusebio hace 2 años y 35 meses

  4. Ao filósofo Urdaci dánlle moita cancha. Na feira do libro de Madrid foi firmar varios días seguidos. Pensar que ter a algún destes na libraría é un prestixio é ter un grave problema mental.
    Folerpa, hai tempo que vexo que te queixas de que non publicas e de que non gañas premios. Non te preocupes, vistos exemplos recentes, premios gáñaos calquera, así que...

    Comentario de Lor hace 2 años y 35 meses

  5. Estou de acordo en que calquera pode escribir. Pero publicar é outra cousa, as facilidades que teñen os asasinos, os mentireiros, os trastornados con delirios de grandeza e as estrelas televisivas non están o alcance de calquera.

    Comentario de derrota hace 2 años y 35 meses

  6. Tal vez sería mejor distinguir entre publicar ( verbo con honor) y que te saquen un libro ya sea escrito por tí o por algún/os negro/s. Para eso lo mejor es salir por la tele, auqnue hay distintas variaciones: desde salir en "Crónicas marcianas" hasta presentar telediarios. Aunque no nos engañemos, los de los telediarios sacan libros desde hace muchos años e incluso algunos se tiene por escritores ( y tal vez lo sean)

    Comentario de jim hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.