Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

SARTRE.O NOBEL.

Hoxe cúmplense 100 anos do nacemento de Sartre. Recomendo en especial a súa obra de teatro As Moscas,e, por suposto, O existencialismo é un humanismo, brevísimo texto no que é imposible dicir máis sobre a liberdade e sobre a responsabilidade usando tan poucas palabras: eu escollo o meu camiño, son libre, pero son tamén responsable da liberdade dos demais.
Gústame sempre recordar que Sartre rexeitou o Premio Nobel de Literatura. Está ben lembralo porque moitos escritores matarían (tómese isto como unha metáfora) porque lles desen un premio por pequerrecho que sexa.
O importante é o que escribes. Os libros son o legado dos escritores. E que cen anos despois segan lendo as túas obras.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Es cierto que lo importante del autor son sus obras, circunstancia que por cierto cada vez se cumple menos ya que vemos que lo importante para un autor o un artista es ser "mediático". Pero en el caso de Sartre consideroque es una pena que una persona que aportó mucho a la filosofía y a la literatura se equivocara tanto en su vida en sus apoyos políticos y en sus decisiones , como en la de romper con Camus, uno de los autories más honestos que conozco

    Comentario de lordjim hace 2 años y 35 meses

  2. O que comenta lordjim levaríanos a un debate inesgotable e máis que interesante: ¿debemos separar a obra do autor? Sen entrar agora aquí nese asunto ( xa entraremos calquera día destes ) estou de acordo en que o episodio da ruptura con Camus é un dos máis tristeiros da historia da literatura recente. Tanto Sartre como Camus tiñan un talento enorme. E, xa que estamos, de quedarme con un dos dous, faríao co Camus, sobre todo, de A peste

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.