Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

UN LIBRO NAS MANS

O sábado pasado participei nun fermoso ritual privado. Merquei un libro. Tanto ten cal era. O libro revelouse sólido na miña man. É un libro grande. Cunha cuberta branca. Con letras negras subliñando o nome do autor. Quen era, non importa. Outras, o título. Cal, que máis dá. Era o libro. Sólido e rotundo. Recendía a novo. E estaba cheo de palabras que puiden transportar desde Vigo ata Taboadela, despois a Baiona, despois a Vigo. Palabras pechadas dentro dun libro, non podían escapar de alí, estaban na miña maleta, á miña beira preto do río Verdugo, no asento do copiloto, agardando a que parase o coche e me decidise a ler un pouco máis. Era o libro. Fïsico. Case que vivo. E non importa cal era.
Os expertos din que os libros coma ese e coma tantos, teñen os días contados. Falan, incluso, dunha segunda revolución de Gutemberg. Desta vez será virtual, electrónica. Hai quen di que hai xa case que douscentos mil libros que non son de papel. É dicir, que non son sólidos, nin grandes nin pequenos, sen cubertas brancas ou negras. Non recenden. Non viaxan comigo. Non podo levalas ao Verdugo. Non as levarei nunca de copiloto. Teñen palabras, eses "libros", si, pero non de letras, senón de bytes.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. O libro impreso, al menos pra min, nunca terá sustituto. Podelo tocar, acaronar, notar a sua cheirume...todo iso é impagable.
    Leelo a veira do mar ou sentada nunha cafeteria son placeres que non penso olvidar.
    Bicos. Muralla.

    Comentario de muralla hace 2 años y 35 meses

  2. www.letrae.com.ar/FrameArchivos.htm

    Que o gocedes, de balde. Unha marabilla.

    Viva o libro dixital!

    Comentario de Rafel Viñó hace 2 años y 35 meses

  3. Non teño problema en sumarme a ese viva. Sempre e cando iso non implique un morra. De feito, os blogs son, dalgunha maneira, libros electrónicos, ¿non é? E súmome á recomendación desa páxina. Por que non.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.