Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

UN LIBRO: FAHRENHEIT 451

Vou mergullarme durante os vindeiros días nun libro que lin na adolescencia e que agora, algó máis medrado, quero retomar. Falo de Fahrenheit 451 de Ray Bradbury. No seu día, claro, lino en castelán, que remedio. Agora celebro a versión que, na nosa fala, vén de editar Xerais, e que é a que vou ler.
O libro cóntanos unha "antiutopía": un mundo no que os bombeiros lle prenden lume a todos os libros. O estado, xa que logo, instaura un xeito único de pensar. Mais aparecen os heroes, os resistentes, os revolucionarios, os que non queren vivir nun mundo manipulado, os que procuran outras alternativas.
Gústame esa idea do lector como un revolucionario. Moitas veces, de feito, teño dito que a revolución máis grande que se pode facer, a día de hoxe, nestes tempos de Pensamento Obrigatorio é ler un libro.
Gústame ese tipo de revolución. Unha revolución de lectores.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Segue despois con Crónicas Marcianas (esquezamos o aldraxe de quen usou ese título en van), tamén en Xerasi no 2004.
    Arrepiante descrición da natureza humana e de súa capacidade de esnaquizar os outros, os alleos, os que son diferentes, feito hoxe da actualidadade en calquera recunho do noso planeta azul sen que sexa necesario viaxar no espazo.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 35 meses

  2. Por desgraza, para moita xente, "Crónicas Marcianas" é só o título dun nefasto programa de televisión. Pero é tamén un libro máis que recomendable. E "Un mundo feliz novo" de Huxley. Ou "Soños eléctricos" do meu grande amigo Ramón Caride Ogando.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses

  3. Contovos a incrible pregunta que un periodista (¿) lle facía a unha morea de libreiros organizados, para un diario. ¿ Que libros queimarían antes de vendelos?. Eles repostaban, na sua maioría, que o "Codigo da Vinci", e a sua secuela, as memorias de non sei cantas folcloricas, e algunha que outro fobia particular. ¿Non é arrepiante?. Digo, pola pregunta e tamen pola resposta. Ningún libro, ni sequera os que fan apoloxías tremebundas, ten que ser queimado. De todo se aprende, todo crea debate, e, a fin ¿ que é o deus omnipresente que ten o dereito de decidir que é o que TEMOS que leer e o que non?. Liberdade de expresión. Liberdade de elección. Aínda que doa.

    Comentario de ROSA VELENOSA hace 2 años y 35 meses

  4. Estou totalmente de acordo con Rosa Velenosa. Queimar libros é algo que facían os inquisidores medievais, e os nazis. Ningún merece ser destruído. Se cadra, algúns non merecen ter lectores ( eu que sei, por exemplo, a burrada que escribiu no seu día Hitler ). Apoio eses berros de liberdade de expresión e de elección.
    ( E, por certo, en A Nosa Terra desta semana vén unha reseña moi interesante sobre o libro de Bradbury, escrita por Xosé Freire. Coido que nos bota moita luz sobre ese texto )

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses

  5. Qué máis se pode engadir, aquí vai un fragmento dese maravilloso libro:

    " Y cuando la guerra haya terminado, algún día, los libros podrán ser escritos de nuevo. La gente será convocada una por una, para que recite lo que sabe, y lo imprimiremos hasta que llegue otra Era de la Oscuridad, en la que, quizá debamos repetir toda la operación".

    Este fragmento lémbrame un capítulo de Borges no seu libro Historia de la eternidad, en concreto; La doctrina de los ciclos; onde dí :
    "En un tiempo infinito, el número de permutaciones posibles tiene que ser alcanzado, y el universo tiene que repetirse".

    Unha aperta pra todos.

    Comentario de dasmam hace 2 años y 35 meses

  6. Non lin o libro, sólo vin a película. Pra min e impensable queimar un libro....
    Apúntomo pra este verán...
    Graciñas e bicos. Carmiña.

    Comentario de muralla hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.