CANDO OS PODEROSOS FALABAN GALEGO
Francisco Castro - 15-06-2005 14:26:11 | Categoria: Todos os meus artigos
Alfonso X quixo parecer sabio, e non lle abondou con ser poeta. Escribiu as súas cantigas, ademais, en galego.O martes, o profesor Henrique Monteagudo presentou o orixinal máis antigo escrito no noso idioma, datado en Allariz en 1228, é dicir, no século XIII.
Do tal documento aprendemos unha serie de cousas.
Que a nosa lingua é, de vello, lingua culta.
Que a nosa lingua servía, daquela, para nos comunicar co poder ( o documento ten o selo real, ao rei Alfonso IX, valeulle ).
Está ben que apareza este documento agora, prescisamente agora que o galego non vai ser tratado en pé de igualdade con outros idiomas europeos, cando menos, diante da Unión Europea.
No século XIII servía para a poesía e para a política. ¿Hoxe?
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
¿Hoxe? vale para que os candidatos o esnaquicen nos mitines por rabuñar un feixe de votos.
O curioso dese documento e xa estaba catalogado e publicado no seculo XIX, sintomático do estado da nosa lingua e que se tardase tanto en darlle a relevancia que tiña. Se non chega a ser por Monteagudo nos libros de textos seguirían falando das Cantigas de Alfonxo X, áinda que para o dinosauro españolista de Conte nin en galego están.
Comentario de folerpa hace 2 años y 35 meses
-
Non podo menos de recordar a miña nenez, cando o falar galego estaba mal visto, era de paletos...
Aqueles si que foron tempos duros pro galego...
Alégrome do descubremento, que descoñecía.
Muitos bicos. Carmiña.Comentario de muralla hace 2 años y 35 meses
-
Aqui estou BOTANDO as horas deste domingo tórrido conxugando o verbo votar a falta dunhas cantas cantigas de Alfonso X que BOTARME á boca. Que se lle vai facer. Hoxe os poderosos tan só usaran o galego para o reconto de votos. E para convencernos de que ningúen perdeu. Os poderosos son así. Falan e falan, e falan, e BOTAN pola boca, e non din case que nada. Esta visto que fai moito que xa non anda por estas "fragas" o ben nacido Alfonso X.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 35 meses