Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

A MIÑA FANTASÍA ELECTORAL ( II )

Brétemas fala no seu blog da miña proposta, fantasiosa, de sentar nun debate electoral aos tres candidatos para falar de literatura. Galega, por suposto. Coñecer que autores galegos len, que pensan da nosa industria cultural, cales son os seus planos de futuro sobre o sector. Xa o sabemos: sobre isto, silencio. Falarán doutras cousas. Pero non do que importa.
O que máis me interesa do comentario de Brétemas ( e do que asino absolutamente todo ) é cando di que "gostaría coñecer cal é o programa dos tres candidatos sobre a industria cultural". E a min.
Se saímos á rúa e lle pedimos á xente que nos diga de que vai o programa do BNG ou do PSOE ou do PP, o máis probable é que fiquen mudos. Maxinade se lles preguntamos, ademais, sobre os proxectos culturais dos partidos.
Sen embargo, e a pesares do nulo interese da cidadanía por informarse, os candidatos non están eximidos de facelo. E deberían falarnos diso. E De Todo O Importante. Non das charramangadas.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Si de todo o Importante e non soltar frases fáciles contínuamente tipo "quirófanos abertos vintecatro horas", "un ordenador en cada casa", .... ( o que di Fraga mellor non citalo) como se estivésemos na subasta dunha feira a ver quen ofrece mais. Unha aperta grande Fran e felicítoche polo teu blog.

    Comentario de Chus hace 2 años y 35 meses

  2. O prometido é débeda... Brétemas debe verse dende aquí. A ver si é certo.
    Estiven a probar o choio e fixeno nunha bitacora coma a túa, as probas aquí. Ahí tamén o posible erro.

    Comentario de PAco hace 2 años y 35 meses

  3. Moitas gracias. Próboo xa.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.