ISABEL PANTOJA E DAN BROWN
Francisco Castro - 08-06-2005 14:24:51 | Categoria: Todos os meus artigos
Hoxe quero compartir con vós unha reflexión, cando menos, inquedante.Onte estaba vendo Las Cerezas, o programa de Julia Otero, cando, de súpeto, Isabel Pantoja dixo que estaba a ler O Código da Vinci. Como Dan Brown é unha das megaestrelas deste meu blog, puxen a orella para coñecer a súa valoración sobre o libro. Sabido é que os famosos opinan de todo e que o seu criterio crea tendencias ( xa que estamos: ¿por que non sae na tele, eu que sei, María Teresa Campos dicindo que lle encantan os libros de Francisco Castro? ). O que dixo a Pantoja, cantaora, lectora e intelectual, foi que Julian, o seu mozo, alcalde, lector e intelectual, rematárao en dous días. Pero que ela non avanzaba porque "es pelín durillo".
¿Que vos parece?
Estou que non durmo dende onte a noite.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
E calou por vergoña que os seus dous nenos MENSA, o parido e a importada, leran o betseller nunha tarde a carón do fresco da piscina. OZU!!!! pero que listos y guapos me son mis niños Julian!!!!!
Comentario de folerpa hace 2 años y 35 meses
-
Que hai xente para todo...
Eu coñezo a unha que dixo que "Los buscadores de conchas" era "demasiado poético"...
Supoño que á Pantoja ir máis alá de mirar as fotos do Hola non lle prestará moito. O que non entendo é que a leven a un programa de TV a preguntarlle cousas.Comentario de Hai Cada hace 2 años y 35 meses