A MIÑA FANTASÍA ELECTORAL
Francisco Castro - 06-06-2005 14:28:20 | Categoria: Todos os meus artigos
Os candidatos deberían sentarse a debater... sobre literatura. Sería moito máis interesante que calquera outro debate electoral. O que non hai é imaxinación no mundo da televisión. Un debate sobre literatura. Anxo, Manuel e Emilio debatendo sobre libros... Que bonito. Rebentaríamos os records de audencia. Estou certo.Quero saber que len. É máis, pregúntome: ¿os candidatos len? Velaquí a miña meirande fantasía ( das que podo confesar ): os tres candidatos sentados comigo na tele. Eu de moderador. E falamos de literatura galega ( porque, que eu saiba, e xuro que estou atento aos xornais, ningún deles se manifestou sobre isto ), de autores galegos (¿interesan para algo máis que sair nas fotos?), de tendencias, de futuro... de todo iso.
Os candidatos recomendarían os seus cinco libros en galego favoritos (antes preguntei se os candidatos len; agora engado: ¿lerán literatura galega?).
Como vedes, o mundo da fantasía é marabilloso.
Comentarios - Referencias (1)
Referencias
-
[...] dixen que sería interesante saber que len os políticos. Mais, como moita xente dixo no debate que fixemos, moitos deles, probablemente, é que non len.
En calquera caso, estabamos como que moi convencidos de que os políticos, de libros, nad [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 28 meses
Comentarios
-
Nin eu, nos meus soños máis fantásticos, poido imaxinar tal cousa. Cando escoito a Touriño ou a Manoliño, percibo a descarnada ausencia de lectura en galego (e ata de falalo decote). De Quintana o mesmo, pero semella que sí o fala.
Comentario de Asimov hace 2 años y 36 meses
-
Caray, o teu non sei si é fantasía ou utopía, pero recoñezo que ten mérito o conto, pero a min cústame moito imaxinalo, pero farei un esforzo ... ummfff; nada nin así.
Comentario de dasmam hace 2 años y 36 meses
-
Cónstame que o presidente e Quintana adoitan ler literatura galega. Do outro, non teño noticia, razón pola que non prexulgo. A proposta é moi boa. A campaña debería consistir en debater sobre estas cuestións que realmente importan. Unha sociedade con outros índices de lectura na literatura propia, con seguridade que non tería agardado dezaseis anos por intentar mudar de presidente. E desta vai? Témome que non debater sobre a proposta de Francisco, non agoira nada bo.
Comentario de bretemas hace 2 años y 35 meses
-
¡Ah!, pero, ¿é que os políticos debaten?, ¿ e saben falar?, ¿e estan moi pero que moi inquedos có da literatura?, ¿e có de que non che chega o euriño a fin de mes?, ¿ e có de que en galicia o traballo rifase nos postos da feira?, ¿ e có..., ¡Ah!, pero, ¿existen os políticos de verdade?, dime, ¿existen?.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 35 meses
-
Os políticos non debaten. Arengan. Algúns saben falar e outros ouvean. ¿Interésalles a cultura? A algúns imaxino que si, pero nunca vai ser, por desgraza, unha prioridade de goberno. E supoño que existen políticos de verdade, pero vai ti a saber onde andan.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Pero non se publicara o Codigo en galego para que os candidatos practiquen os enxebres ladros que adoitan empregar nos seus míitines ?
Comentario de folerpa hace 2 años y 35 meses
-
Pois a verdade é que a publicación do Código en galego paréceme do pouco bo que podemos dicir relacionado con ese libro. Ogallá aquí puidesemos editar ao mesmo tempo as traduccións ao galego que as versións en castelán. Iso faría moito polo tan buscada "normalización". Galaxia e Xerais están facendo un esforzo enorme nese sentido ( velaí os libros de Tabucci, de Atxaga). Mais aínda hai moito camiño por andar.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Pero se Harry Potter non fai leitores por que ía facer o Código leitores en Galego.
Penso ademáis que o leitor medio en galego xamais se achegaría ao Código por editarse na nosa lingua.Comentario de folerpa hace 2 años y 35 meses