TODOS A MELGAÇO (¿OU Á CHINA?)
Francisco Castro - 02-06-2005 16:58:24 | Categoria: Todos os meus artigos
Esta fin de semana estarei en Melgaço, nas terras de Portugal, para asistir a gran festa que vai haber para apoiar a candidatura diante da Unesco para que se recoñeza o noso patrimonio oral galego-portugués como Obra-Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade. Haberá todo tipo de actividades festivas, para grandes e nenos. Recoméndovos, moi entusiastamente, a actuación do grupo galego de música tradicional, Tanxedoras do Pandeiro, das que xa teño falado neste blog. Tocan o sábado á noite.A causa merece todo o apoio do mundo.www.opatrimonio.org
Pois se Nós non reivindicamos o noso, ¿quen o fará? ( ¿ou será certo que, como dicía unha sesuda tertuliana hoxe na radio: "mentalicémonos: hay que aprender a hablar el chino"?)
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Ben interesante está o que vas ver e por suposto apoiar. Dende aquí espero máis noticias. Grazas Francisco. Bicos
Comentario de mirada hace 2 años y 36 meses
-
Boa viaxe. Que disfrutes de toda esa cultura e da xente e das paisaxes; e dicir, da vida.
Non deixes de levar un libro (nunca se sabe).Comentario de dasmam hace 2 años y 36 meses