Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿ILETRADOS?

Volvo á Feira do Libro. Víctor García de la Concha, o boss da Academia española, cualificou ( iso si, de bo rollo ) á mocidade actual de "iletrada". E dixo que había que argallar un plano de fomento da lectura para que lean.
Claro.
¿Iletrados?
A cousa é curiosa: os que pasamos amplamente dos trinta non tivemos ningún plano de fomento da lectura. E case que non había libros nas casas. Nin bibliotecas. E as librerías eran escasas. Sen embargo, lemos, somos lectores, lemos máis cá eles. E entendemos a Borges cando escribiu: "El descubrimiento de Stevenson es una de las felicidades más perdurables que puede deparar la literatura". Sen embargo, a eles escápaselle este tipo de felicidade porque, de facto, son incapaces de descifrar a un Stevenson.
Ou a Verne.
Ou a Salgari.
Como moito a Rowling, esa cousa.
¿Iletrados?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Iletrado: falto de cúltura segundo di o dicionario. Cultura teñen pero é unha cultura dixitalizada onde só o mundo das imáxenes e os bits son quenes de chamarlles á atención.
    É máis doado mirar O seños dos aneis que lelo.
    Iletrados? Non. O que pasa e que a súa cultura ten outros valores e descifrar os textos non é un deles, ler os clásicos tampouco.
    Agora a súa cultura apréndese nas pantallas dos móviles esnaquizando as palabras en anacos, abreviaturas da nova cultura dixital. Non son iletrados non, pero están a vivir en un mundo dixital donde a imaxinación non conta, imaxinan por ti; as decisións tampouco, deciden por ti, e polo que se ve dentro de nada non vivirán neste mundo, levarán cascos e gafas virtuais e todo será unha falsa realidade coma un xogo.
    Aprendamos aos rapaces a ler de novo, a imaxinar, a viaxar nos libros. Hai que cambiar o modelo de cultura, porque o mundo dixital non é malo per se, pero deberemos redirixir o seu uso.
    Iletrado é o que non ten cultura, redirixamos a nosa.

    Comentario de dasmam hace 2 años y 36 meses

  2. ¿De quen é a culpa? Cando eu era un neno a tele empezaba ás seis ou sete e os días de inverno que non podías xogar cos teus amigos e xa te aburriras dos madelman, o que facías era coller un libro. Hoxe teñen tv todo o día, play, game boy, etc. Antes os libros (ou comics) eran un antídoto contra o aburrimento, hoxe ós nen@s abúrrelles ler porque os libros non teñen luces e sons.

    Comentario de Paitolo hace 2 años y 36 meses

  3. Pois sí é un tema complexo este... coincido moito con dasman que entendo relaciona a discusión coa maniada "cultura do esforzo". E claro Fran na nosa época... era a nosa época que diaños!, agora un entretense doutro xeito e non todos inadecuados, algúns moi adecuado diría eu. Lembro unha conversa que tivemos fai tempo Fran ao redor da "obligatoriedade da lectura, da lectura de libros"... a min gustame ler pero non o entendo como algo indispensable, agora xa non. Un pode "letrarse" de moitos xeitos, a cultura ten moitos medios e ao final, coido que o importante é como se usen esos medios.
    Agoraben, ler necesita de tempo... ese tempo que ao parecer non teñen os nenos de hoxe porque teñen cole e extracole, e non coñezo actividades extraescolares que vaian moito por ahí ¿non si? Eso tamén necesita de redirección: nenos demasiado canso para ler e non cansos de ler.

    Comentario de PAco hace 2 años y 36 meses

  4. Leer non e só cultura, e por riba de todo pracer. Hoxe mercamos libros por toneladas e esiximos a os nenos que os lean todos. Claro que ¿ canto tempo adicamos a fomentar o seu gusto pola lectura dende pequniños?. Sexamos realistas, e mais sinxelo plantalos fronte a Play, e logo queixarnos de que non e doado facelos coller un libro. O pracer de leer non se transmite polo xenes, chega atraverso deses contos lidos con agarimo antes de durmir. E iso require un tempo. ¡ Malditos tempos de estres!.

    Comentario de Rosa hace 2 años y 35 meses

  5. ¿Que é o que lle repugna de Rowling?

    Comentario de Nilde hace 2 años y 35 meses

  6. E que antes ter un libro era un tesouro. Cando conseguias leialo, e releialo porque resultaba difícil conseguir outro. Entón - foi o meu caso- descubres a marabilla que é Stevenson. Hoxe un dos escritores ó que aínda regresas, a ese paraíso de letra impresa, a eterna novidade das súas páxinas. Alí está a felicidade, a recoñecida felicidade, esa fugaz instante de arrebato.

    Comentario de Rafael Viñó hace 2 años y 35 meses

  7. Repuganar... o que se di repugnar.... de Rowling, a verdade é que non me repugna nada. Nin dela nin de ningún que outro autor ou autora. Se cadra, si dalgunhas persoas que escriben libros. Pero iso, entenderá, é normal. Pásanos con todas as profesións.
    Ao que eu me refiro é a que non creo que Rowling, ou os señores dos aneis ou davincis, teñan moito que ver co fomento da lectura. É máis unha cousa consumista que atrapa aos mozos e que lles fai mercar os libros coma un obxecto máis dun grande lanzamento publicitario, que ten que ver, moi tanxencialmente, coa literatura. Eu referíame a esa cousa. Non a ningunha outra cousa.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses

  8. ¿E non crees que a lectura deses libros pode facer que os nenos empecen a amar a lectura? Eu empecei lendo comics de Thor e Superman e non me arrepinto

    Comentario de Eusebio hace 2 años y 35 meses

  9. Evidentemente, eses libros poden facer que moitos lenos amen a lectura. Claro que si. Pero o que tento dicir é que, moitas veces, hai unha gran confusión sobre isto, e o que se di nos medios de comunicación é que tal ou taloutro libro fomentan a lectura e os nenos se enganchan aos libros e tal e tumba... Non é certo. De feito, hai uns anos, o libro máis vendido fora un de non-ficción, concretamente, o Libro Oficial de Operación Triunfo. E, que eu saiba, os nenos e nenas que mercaron aquela cousa, a día de hoxe, non están lendo ensaios.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses

  10. Pero é que non de ensaios vive el home, é certo que moitos nenos, xóvenes etc. len moi pouco ou case, nada, peeo hai outros que si len. Eu son un membro da xeración "inculta" e audiovisual é son capaz de ler un buen libro e pasalo coma un anano coa (pen)última de star wars, así, todo á vez, sen que iso me embruteza demasiado. Vale, quizá non sexa ningún dechado de cultura, pero tampouco un iletrado, e coñezo moita xente na miña situación. Sen embargo, o principal problema aquí é poñer límites ó definido coma "literatura", por exemplo, moita xente non considera verdadeira literatura a ciencia-ficción ou a fantasía se non levan "recado". Pero para min e moita outra xente a literatura como entreteñemento é unha literatura perfectamente aceptable que nos fai soñar e escapar durante un breve tempo fóra deste mundo que a veces resulata bastante agobiante. Fai un par de posts se falaba de parque xurásico coma de literatura "light" e sen embargo eu o lin, encantoume e o encontro bastante menos "light" que a Stevenson, que ó fin e ño cabo é literatura de entretenemento só que máis antigua. Por outra parte, eu lin algúns relatos de Borxes, e, pese a estar ben escritos, non me pareceron merecedores de todo o bombo que se lle da. Eu reivindico o valor dunha boa historia. Para gustos, colores, e perdoade o meu galego.

    Comentario de Guybrush hace 2 años y 35 meses

  11. Estou de acordo con todos.
    Hoxendia apresion dos medios audiovisuais e enorme. Temos mais posibilades que tempo real. E mais doado coller un aparello que funciona cun boton que amarrar un libro e concentrarnos co el.
    O tempo pora a cada cousa no seu lugar e os "exitos" de hoxe quedaran no lugar que merecen: uns esfumaranse e outros ficaran coma obras mestras.

    Outro asunto: mui bo o teu blog.
    Saudos.

    Comentario de acedre hace 2 años y 35 meses

  12. Bueno, a toda afirmación categórica hai sempre excepcións, pero é certo que no mundo mediatizado no que nos toca vivir (e crecer a algúns de nós), que nos vende velocidade e unha vida express, felicidade para nenos que non levantan os ollos da pantalla do televisor parece máis complicado o fomento da lectura.

    Sen embargo, penso que todavía está nas mans dos pais, sempre co exemplo, o amosarlles os seus fillos o valor de comprender un libro, e de definirse a partires dunha forma de pensar propia e coherente.

    Porque se sabemos o que queremos acadar -unha mocidade lectora? nenos que anden á busca de aventuras lonxe da pantalla da gameboy?- buscaremos a forma de chegar.

    O problema estriba en vagar sen rumbo entre anuncios de deterxente e programas do corazón, pensando (q desgracia!) que non hai remedio, que a xuventude vai en detrimento e todo é culpa da sociedade (maldita, maldita sociedade...).

    Comentario de Andrea hace 2 años y 35 meses

  13. Entendo o que quere decir co fenómeno Potter, é abafante, pero o certo é que os libros están ben; e penso que neste caso concreto (coma no de "O señor dos aneis") hai o que vostede indica pero tamén lle aseguro que eses libros serven para fomentar o gusto pola lectura (non masivamente, claro, pero sí aos pouquiños) . E teño un exemplo na casa, por eso me atrevo a afirmalo.

    Comentario de Nilde hace 2 años y 35 meses

  14. Felicítolle por ese exemplo que ten na casa. Estou certo, coma vostede, de que eses libros tamén poder servir para fomentar o gusto pola lectura. Por suposto. Eses e calquera outro libro que enganche aos lectores. Meu fillo ten nove anos e está literalmente enganchado ás historias de Julian Press e a súa Banda do Regaliz. Probablemente, desde o punto de vista literario, deixan moito que desexar. Pero aí están. E non é capaz de facer outra cousa, de cada vez que lle merco un, que ler e ler e ler. En todas partes e a todas horas. Iso pode facelo Potter, claro que si, pero a miña queixa - e alégrome que por fin esteamos de acordo - é ao que vostede chama acertadamente "fenómeno Potter". Referíame a ese cansazo e a ese agobio. E á denuncia da falacia.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses

  15. Acabo de atopar este blog e inda non lin todos os artigos. Pero o titulo deste chamoume a atencion. Asi que lino e atopeime cunhas cantas cousas que me desagradaron bastante. A continuacion paso a enumeralas e dicir o por que.

    1)A calificacion de iletrados. O respecto diso so hei de dicir que formo parte da mocidade e non me sinto iletrado e tampouco penso que ningun mozo o sexa. Inda que non sexan libros todos os mozos len algo, o Marca, as webs ou algo.

    2)Teño que dicir que os xoves, polo menos alguns dentro dos que me incluo, lemos. Eu inda non cheguei os vinte anos e lin A illa do tesouro, Viaxe o centro da terra, Da terra a lua e Aventura entre os peles vermellas. De borges lamento no ter lido nada pero non caeu nas miñas mans. Prometo que lerei algo e recordareite. De Potter eu dicia o mesmo pero un dia os meus pais regalaronme o primeiro libro. Eu son agradecido asi que o comezo sentinme na obriga de lelo. O final ramatei por mercar, e obviamente ler, todos

    3)O dito por dasman: Ver unha peli dun libro e gratificante a vez de decepcionante. E gratificante no intre no que eses personaxes que ti imaxinaras aparecen coma seres reais que estan diante dunha pantalla vivindo esa historia en lugares reais ambientados para a ocasion. A decepcion chega en canto comezas a ver como se desfiguran a historia dandolle ou quitandolle importancia as cosas coma no señor dos aneis

    4)De novo o dito por dasman: Esta vez e o da cultura non so os ordenadoreso chaman a nosa atencion. O que ocorre con eles e que descobres que tes un poder. Ese poder e o maior do mundo, o da informacion. A traves da rede podes informarte sobre o que queiras ninguen pode poñer unha barreira e se a pon aprendes a saltala. A informacion e o codigo, e o codigo ha de ser libre para que quen poda ou queira melloralo o faga. O maxin segue en nos, algunha vez pensaches en como aparecen os novos programas diseñados por xoves..... Exacto, a traves da sua imaxinacion de novas formas de encadena-lo codigo.

    5)O dito por paitolo: Sen animo de ofender, cando ti eras xove seguramente inda tiñamos a broma de deus mandando eiqui. E cando eu sexa maior os meus fillos diranme o mesmo que vouche dicir eu, por que como lle ocorre a todo o mundo esquecereino, e estarei encantado de que mo recorden. Eses eran outros tempos. Non hai mais que dicir as cousas cambian a xente tamen o que hia que facer e amoldarse o cambio e non queixarse. Agora cando unha persoa aburrese da tecnoloxia ponse a ler cousas igualmente. Poden ser periodicos ou libros ou blogs coma este pero lé.

    Xa non hai mais pero queria resaltar a grandez do comentario de paco e darlle o meu apoio. Sen mais despidese: motosicleta_man

    Comentario de motosicleta_man hace 2 años y 35 meses

  16. Agradézoche, motosicleta man, os teus comentarios. Só quero recordar que eu non afirmo que a xuventude sexa Iletrada, senón que vai entre interrogacións, para mover ao debate e provocar a reflexión sobre algo que nos preocupa a moitos. Eu, coma ti, tamén teño amigos de moi curta idade que son grandes lectores. A milña crítica non vai tanto dirixida á xuventude canto a unha sociedade que se sente gratificada con esta situación de xuventude iletrada na gran maioría, e só pendente de asuntos pouco importantes. No esencial, coido que ambos os dous estamos de acordo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses

  17. Quería responder a motosicleta man que eu tampouco penso que os xoves de agora sexan iletrados; co meu comentario só quería sinalar que as formas de lecer son mais numerosas cada día. E douche a razón. Estes días andaba a facer contas de cantos dos meus amigos de xuventude lían e comparábaos cos xoves de agora que coñezo, e a verdade é que gañan estes últimos por goleada.
    E non me digas o de “eran outros tempos” que aínda son novo e entre iso e o Celta xa estou fodido para todo o día.

    Comentario de paitolo hace 2 años y 35 meses

  18. A min todo isto xa me cheira un pouco, estes discursos xa llos oía ao meou pai, e el a o seu. ¡ Se parecedes epigonos do grande entendido na xuventude o sociologo AMANDO DE MIGUEL!
    Deixadeos vivir en paz a súa mocidade xa terán tempo de mudar en trintañeiros frustrados coma nós que perden o tempo nos blogues agochando as súas miserias baixo alcumes .

    Comentario de folerpa hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.