RAPHAEL. CONCHA VELASCO. JUAN DIEGO BOTTO. EU.
Francisco Castro - 30-05-2005 14:40:54 | Categoria: Todos os meus artigos
A Feira do Libro de Madrid non ten nada que ver coa nosa ( a pesares do moito, e do ben, que traballan os encargados de organizalas aquí ). Quero dicir que os lector@s fan colas durante horas para que os principais escritores do momento lles asinen os libros.Que bonito.
Onte, na Feira do Libro de Madrid arrasaron Juan Diego Botto ( actor ), Concha Velasco ( actriz, ex-chica yeyé e anunciante de pañais anti-incontiencia urinaria ) e Raphael ( el que es aquel ).
Eu asinei por primeira vez nunha Feira do Libro o ano pasado. Sentíame O Escritor Máis Importante do Mundo, alí sentado, co bolígrafo preparado para asinar milleiros de libros.
Milleiros de libros.
Milleiros.
Botei unha hora.
Asinei tres libros.
Tres libros.
Tres.
Que bonito.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Que coincidencia. Eu teño tres libros teus asinados por ti, pero non foi na Feira.
Comentario de Eusebio hace 2 años y 36 meses
-
Non te queixes tanto. Tes libros, tes lectores - tres é un bo número para todo tipo de combinacions-, eu carezo de todo iso- agás no blog-
Máis acción e reinvindciación e menos bagoas.
Comentario de folerpa hace 2 años y 36 meses
-
Me gustaria poder ponerme en contacto con Juan Diego Botto. Gracias por vuestra ayuda.
Comentario de Jordi hace 2 años y 32 meses