Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

CÓDIGOS DA VINCIS, ANXOS E DEMOS, STAR WARS. BECHOS RAROS

Escoito dicir a un sesudo crítico das cousas da cultura, que hai que ler O Código da Vinci, e Anxos e Demos, e ver a (pen)última de Star Wars, para non ser considerado un becho raro.
Non lin O Código da Vinci. Non lin Anxos e Demos. Non vin a (pen)última de Star Wars.
Estou feliz de ser Un Becho Raro.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Ola Francisco: eu tampouco "estou ó día", non podo, polo tanto, manter unha conversa trivial no bar a base de Start Wars, nin Da Vincies. En troques, esta mañán, camiño da panadería pasei por diante da libráría, e nunha arroutada lanceime os andeis para buscas Rio Leteo. Foi curioso, atopeino a primeira de cambio, alí na sección en Galego, xa que o libreiro é moi minucioso á hora de ordear a mercancia. Lindo, polo breve, dunha sentada. deume a impresión de ter un corazón latexando entre as mans. E deses libros que che fan erguer a cabeza e pousar a mirada na xanela - veña , que che traen os recordos tirados por un cordel dende a infancia. Aquela época da Fame da que tanto falan os avós, o estraperlo, a cartilla de racionamento que aínda se conserva no faiado... Lembro que o meu avó ía a Vigo, a unha secreta buhardilla sita na calle Alfonso XIII, para conseguir penicilina, xa que o meu pai tivo ganglios, e daquela custaballe 5000 pesetas. Un pastón. Lembrei as veces que me conta as longas colas fronte a panificadora; a escasez de alimentos, de leite, de azúcar, de carne; dos emigrantes, das revoltas mariñeiras, dos desaparecidos cando petaban pola noite á porta, dos primeiros sindicatos da CNT... pois pasei un rato agradable. Foi unha experiencia en 3D propia de George Lucas. Grazas por esta vacina contra os lotófagos. Como ves, querido careco, a internet tamén é unha boa maneira de promocionarse. Non todo son malos usos.

    Saúde e sorte co libro. Eu rematoo este fin de semana.-

    Comentario de Rafael Viñó hace 2 años y 36 meses

  2. E que me queda un contiño, para que mentir.

    Comentario de Rafel Viñó hace 2 años y 36 meses

  3. Pois penso leer o Rio Leteo. Bo fin de semana. Bicos

    Comentario de mirada hace 2 años y 36 meses

  4. ¡Eu tampouco estou ó día! e con estes pelos. Aínda que gostáronme moito as tres primeiras películas de Stars, non mirei as tres últimas.
    Ben queridiño, creo que este home debería adicarse a ver películas moito máis divertidas (algunhas son moi vellas) como Historias de Filadelfia ou Cómo ser John Malkowich e ler autores galegos como Fran Castro ou españois como Álberto Méndez e o seu único libro "Los girasoles ciegos". Penso que sería para el, moito máis "coooooooool" e por suposto, interesante. Eu tamén son moi rara.

    Comentario de paula hace 2 años y 36 meses

  5. Non presumamos tanto de raros que ver star wars non ten nada de malo. En canto O da vinci ese, penso que a culpa é máis dos medios que do propio libro, que best sellers hai moitos e non entendo por que este debe ser peor.

    Si queredes rarezas, espero que das boas, descubrín (para min, que quede claro) un autor prometedor: Slawomir Mrozek, na editorial acantilado. Ten uns relatos maravillosos no libro "La vida difícil".
    E lembrade que non hai nada bo nin malo se non ten con que compararse, debe haber segundos pra que existan primeiros o contrario si que sería raro.

    Unha aperta a todos. E sigamos con máis rarezas.

    Comentario de dasmam hace 2 años y 36 meses

  6. Gracias, Rafael, polo que comentas de Río Leteo. O conto ao que te refires, "Churros", ten moito que ver co meu pail. De feito, é el o verdadeiro protagonista. Eu só inventei ao churreiro. E a tristeira realidade daquel tempo puxo o resto. Gracias de corazón.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses

  7. Penso que neste tema, como en todo-los temas, falar sen ter lido, ou visto, é como non dicir nada.

    StarWars probablemente será unha película ñoña e un mero recurso para encher salóns de cine, pero como non a vin, simplesmente fago unha suposición e non penso criticala ata tela visto.

    Ó 'Códigho' pegheille un repaso de principio a fin, e pareceume a mesma cousa q calquera outra novela que teña lido na praia nun verán calquera... palla mollada... a fin de conbtas é un best seller. Nada máis aló q Crighton e o parque Xurásico nin pior q Christian Jacq e os faraóns exipcios... Simplemente, lieratura consumible de a peseta, como calquera novela q poidas rematar en cinco horas sen necesidade de meditar nada do seu contido. "Foise co vento"

    Por certo, Francisco, a seguir así... ánimo! O teu é máis pesado (culturalmente falando) e queda preto de nós.

    Comentario de machacarallos hace 2 años y 36 meses

  8. Gracias polo de "pesado".Xa sei que é en positivo. E unha aclaración: non critico Star Wars,senón a aqueles que confuden cultura con consumo cultural.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses

  9. Pois eu estou presa das miñas obrigas de nai. Este serán levo o meu fillo a ver a (pen)ultima Stars Wars. ¡A el e a panda de amiguiños!, o que me espera e pior que ver toda-las entregas xuntas. Creedeme, son digna de pena. Pero e o seu cumpreanos, ¡a ver que e o guapo que lle dí que e unha trapallada!. O meu acougo e que pola noite collera un libro do estante e vacinará as imaxes futuristas da tarde. Tempo hai pra todo, e cabeza tamén.

    Comentario de Nai Torturada hace 2 años y 36 meses

  10. Desde logo que é un acougo. E é, tamén, unha boa maneira de fomentar a lectura entre os máis novos: darlles a ler libros sobre esas películas e series de televisión que lles engaiolan. Eu, de feito, hoxe mesmo veño de mercar a colección enteira dos Simpsons, en cómic, para que los vaia lendo o meu, de nove anos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses

  11. Os meus andan tolos polos libros da serie escalofríos, e leron dun tirón as Memorías de Idhun. Prefiro iso a que se enganchen á play ou á tv. A mágoa é que non son quen de facer que lean a Francisco Castro.

    Comentario de Paitolo hace 2 años y 36 meses

  12. Un pouco de pólemica: Stra wars, as tres primeiras, son cultura non consumo cultural. a su permanencia no tempo, do ano 1978 a primeira, a creación dunha mitiltoloxía, e a pegada emocional que deixou en todo a un xeneración, xeneración que logo escirbiu, cantou e filmou, novelas, cancións e peliculas cheas de referencias a todos ese mundo trocaron o que parecía un sinxelo obxecto de consumo en cultura.
    Dubido moito que dentro de 25 anos alguen se lembre do Codigo ou do seu autor ou do seus epigonos.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 36 meses

  13. Debo confesar que estou sumido na maior das confusións e angurias. Recoñezo que gostaríame poder ser identificado como becho raro pero hei de confesar que sí teño leido o Código, mais que nada porque recibín o libro como agasallo fai un tempo e considerei unha descortesía pola miña parte non prestarlle un mínimo de atención; ainda que o resultado foi o esperado: nada de desacougos, palpitacións, inquedanzas espirituais, etc...
    E si semellante pecado non chega para perder definitivamente a categoría de becho, hei decir que nos meus tempos mozos tamén fun testigo das liortas galácticas dos Skywalker, R2s e demais criaturas no templo do cinema do barrio, daquela chamado cine Roxi, onde as películas eran algo mais.
    Con todo, ben estivo o ter leido o mencionado Código, porque fixome descartar a posibilidade de ler algun dos libros secuela de esa serie, e a Star Wars da miña mocidade non foi mais alá de épicos remakes de combates entre os nenos do barrio, asi que non sinto o mais mínimo interés por segundas, terceiras ou o que foran partes a risco de ser considerado : Becho!

    Comentario de Aspirante a becho hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.