ELAS
Francisco Castro - 26-05-2005 17:04:19 | Categoria: Todos os meus artigos
Elas len máis ( 53,5 %, fronte o 44 % dos homes. Datos oficiais do Ministerio de Cultura ).Se a enquisa investigase o amor polos coches, ou o consumo dos xornais deportivos, sen dúbida gañariamos nós, os homes.
Mais nas librerías abondan elas.
E nas tertulias literarias.
E nas conferencias.
E nas presentacións de libros.
E nos concertos.
E no teatro.
Resumindo: en todo o que ten que ver coa vida cultural, elas están aí e están máis ( e, case que sempre, están mellor ).
E menos mal.
O que me pregunto é por que, á luz destes datos, o mundo segue dirixido polos homes.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Sigue la senda de Antonio Gala.... No seguinte libro colocalle un ramo de rosas na portada...
Comentario de Rafel Viñó hace 2 años y 36 meses
-
Por iso estou contra as cuotas, que cousa tan absurda. Non será que temos medo a acabar pedindoas pra nós? E pensar que algúns teñen que xustificarse no 25%.
Liberdade total; e que os máis válidos ou válidas exerzan a súa profesión.
Comentario de dasmam hace 2 años y 36 meses
-
Se non fose polas cuotas... miña nai!! Na miña opinión as cuotas axudan a igualizar situacións discriminatorias e no momento en que estean realmente igualadas esas situación a cuotas cumpliron o seu obxetivo e adeus, e será boa sinal. Hai coutas ben necesarias.
Na maioria dos postos de traballo -nos seus salarios- non importa a cultura persoal, da o mesmo... e menos mal vendo como esta o tema de acceso a cultura.
Mira tí... acabaseme de ocurrir que si chegado o momento en que o porcentaxe de mulleres chegue ao 80% por cento podería establecerse que os homes poderiamos mercar os libros a meteda de precio que elas... [Exemplo de cuota innecesaria, ejem, ejem]Comentario de PAco hace 2 años y 36 meses
-
O peor é que cada vez hai mais mulleres que pensan que a igualdade é copiar ós homes: conducen igual cós homes, falan igual cós homes,...Cando aprenderan que somos nos os que temos que igualarnos a elas.
Comentario de Eusebio hace 2 años y 36 meses