A MIÑA VIDA DE ESCRITOR
Francisco Castro - 25-05-2005 14:35:25 | Categoria: Todos os meus artigos
Lemos nos xornais que Fidel Castro vén de revelar que García Márquez ofició de mediador con Clinton ( xa sabedes, aquel que se fixo famoso polo da Lewinski, ¿ou foi do revés? ), co obxectivo de desmontar atentados terroristas contra Cuba.Márquez si que sabe. Metido a espía. Un escritor con Vida de Escritor.
Coma Hemingway, que marchou a cazar elefantes e escoñouse coa avioneta, dúas veces en 48 horas, e case que o comen os bechos. Vida de Escritor.
Ou coma Orwell, deixándoo todo para pegar tiros na guerra española. Vida de Escritor Interesante.
Eu érgome cedo cando gustaría de seguir durmindo. Traballo oito horas cando preferiría estar escribindo. Estou preparando a declaración de facenda coma Un Tipo Responsable. Escribo cando podo se é que antes non caio escangallado ou durmido por aí.
Os escritores galegos levamos unha vida ben pouco literaria.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Ou A. Rimbaud que se fixo traficante de armas e despareceu, disque, polas selvas africanas. Ou Agustin Garcia Calvo que non declaraba a Facenda. E ti, aquí, cin horario tedioso, un soldo mísero diante da pantalla. Coño, fai as maletas e vaite pra Cancún, coma Curro.
Comentario de Rafael Viñó hace 2 años y 36 meses
-
Eu coido que ti, e todos os que escribides en galego, si que sodes ESCRITORES. Escribides o que queredes e como queredes. A vosa si é unha vida literaria.Ti estas aí, na trincheira, loitando contra a incultura e rescatando a moita xente do Lado Escuro da Forza. ¿Queres durmir moitas horas? Faite tertulián (non sei como é en galego) de Salsa Rosa; pero creo que ías durmir menos.
E seguro que Orwell viu á guerra e Hemingway a Africa, por non ter que facer a declaración da renda.
Comentario de Eusebio hace 2 años y 36 meses
-
Vida pouco literaiai si, pero algún colega xa pide que che adiquen o DLG. Así que non te queixes tanto.
Comentario de folerpa hace 2 años y 36 meses
-
Esqueciame, o da renda si que é unha aventura.
Comentario de folerpa hace 2 años y 36 meses
-
Desde logo que como tertulián de Salsa Rosa véxome pouco futuro.
¿Quen pide o DLG para min? Recórdovos a todos que, para iso, hai que levar dez anos, como mínimo, morto. ¿Tan mal me queredes?Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses
-
Penso que algúns escritores non necesitan dunha vida tan literaria, poñamos polo caso a Verne, pero sí penso que deberíamos rachar con todo é facernos aventureiros por conta propia (é unha ilusión claro que nos queda se non...).
Comentario de dasmam hace 2 años y 36 meses
-
¿E que me decides de Kafka?
Comentario de leo hace 2 años y 36 meses
-
Ah, Fran, a mín encantaríame levar unha gozosa vida de escritora ou de artista visual, pero xa sabes, iso só conta para as películas. Porque, a quen no lle gostaría ter unha "granxa en África" e un tipo ao lado tan feitiño como Robert? Pero nós, os que nos adicamos a este tolo mundo da arte sabemos que está moito máis cheo de búsquedas e desenganos que de aventuras e amores apaixoados. Tampouco eu te vexo no papel de tertuliano en Salsa, e a min segura que me daría a risa ter que falar de xente que o máis importante que fai na súa vida é casarse e descasarse ou vender fotos da comunión dos seus fillos. Por iso creo que é moito mellor que nos adiquemos a escribir cando podamos ou nos deixen. Veña, ata outra.
Comentario de PAULA hace 2 años y 36 meses
-
Kafka é un gran exemplo de todo isto que discutimos aquí. Sabido é que dedicou boa parte da súa xornada laboral a escribir. Escaqueábase. Facía como que estaba traballando pero, na realidade, estaba mergullado no seu propio mundo de metamorfoses, castelos e irrealidades fermosas. Todo Un Exemplo A Seguir.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses