KOURNIKOVA, JAUREGUIZAR, BRITNEY, FRAN ALONSO, MELANIE E EU MESMO
Francisco Castro - 23-05-2005 14:21:32 | Categoria: Todos os meus artigos
Todos eses que estamos citados aí arriba temos blog, bitácora, diario persoal na rede, como lle queirades chamar. Pero hai unha sutil diferenza no número de visitas e de comentarios entre uns e outros. Jaure ( Facendo Amigos ), Fran Alonso (Cabrafanada ) ou eu mesmo, somos escritores galegos falando de libros, de literatura, de lingua, de cultura... Así non imos a ningures. Aquí non nos entran máis que os catro amigos de sempre.Hai que espabilar. Se ides ao blog de Britney Spears, ela contaravos que vai ter un fillo, e dirávolo a vós antes que a ninguén; a Kournikova aparece en fotos suxestivas e con pouca roupiña, contándonos a súa vida profidén; Melanie Griffith fálanos do seu noivado con Antonioiu Banderreas ( así debe pronuncialo ela, I suposse ), e ofrécenos fotos da súa intimidade doméstica.
E nos, pola contra, ¿que ofrecemos? Discusións, escritos sesudos, tentativas de explicar o mundo, quizais de mudar algunha que outra cousa, polémicas literarias...
Temos que actualizarnos. Poñernos en bañador. E fotografar a nosa intimidade. E falar das nosas técnicas de seducción. Se así o fixeramos, habería uns cantos blogs relacionados coa literatura galega que serían do máis lido na rede.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
sempre podes pensar que ti fas o q a túa liberdade che deixa facer (é dicir o q a ti che da a gana). Os demáis fan o q a masa lles pide... en resumen, non son libres... É o q gañas.
Comentario de machacarallos hace 2 años y 36 meses
-
Sería triste que amosases as túas intimidades ¿non cres?. Vale máis que espirás as intimidades da literatura: en coiros todos somos máis vulnerabeis.
Comentario de Rafael Viñó hace 2 años y 36 meses
-
Evidentemente sería moito máis triste. E espero que quede claro o ton irónico do meu comentario sobre eses blogs.
Sen embargo, o que dis fíxome lembrar que cando publiquei un libro erótico ( Xeografías, no 2001, en Positivas ), algún que outro xornalista preguntábame ( e foron varios ) se non me daba reparo mostrarme así de intimamente falando desas cousas. Xa que logo, confundían aos meus personaxes comigo, e deron por sentado que o que acontecía neses relatos eróticos era o que eu esperaba das relacións persoais, ou, quizais, as miñas fantasías. Obviamente, decepcioneinos dicindo que non. Claro que non.Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses
-
Oes Fran se te vas espir e publicalas fotos neste blog agraceriache me deses antes as url's deses blogs de KourniKova e da Spears... só para comparar... xa sabes. JA!
Falando en serio, penso que na blogosfera existen moitisimos bos blogs e vense ben recompensados con moitos comentarios e visitas... o tema e que cada un atope o seu ou os seus. Xa chegarán Fran, verás...
Tamén debo recordar -e recordarme a min mesmo- que na rede a maioria dos contidos son de caracter sexual e que o xonal máis vendido no Estado ainda é o MARCA. Arede=Asociedade+Anonimato, en fin.Comentario de PAco hace 2 años y 36 meses
-
E así nos vai neste país. Hai anos, o xornal máis lido era, precisamente, El País, e revistas como Tiempo ou Época. A día de hoxe son o Marca e o Hola. ¿Que implica isto?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses
-
Pois eu que queres que che diga, gosto máis das pernas da Kournikova que da maioría das obras que os nosos insignes literatos sacan do prelo.
Comentario de Folerpa hace 2 años y 36 meses
-
Home, dependerá de para que. Obviamente, o que menos importa dos insignes literatos son as súas pernas. E da Kournikova, que queres que che diga, como que tampouco me interesa moito o que escriba no blog o nas súas obras futuras.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses
-
¡EXCLUSIVA!. e só neste blog. Nada que ver cas pernas da Kournikova, nin co bombo da Spears, nada nadiña. O meu e millor. Estoume a namorar. Si, agora de vella, mira ti. Atopeina por casualidade fozando no dicionario, puña meíxela, a meíxela da toda a vida, esa roxiña de papar caldo con unto. Foi alí. Preto desta entrada donde leín FAZELA. E foi un frechazo. Agora paso o día con ela na boca, dandolle lametazos. Acariñando todas las fazelas que vexo, inventando adxetivos pra elas. E paso xunto ó estante onde está o dicionario e miro pra él, danme ganas de espilo. E o que teñen os amores tardios, que son moi apaixoados.
Xa sei que esta miña crónica rosa non ten tanto interese coma saber, o fin, con que champú lava a melena a Kournikova. Pero Fran, ti coma se nada. Se so siguen entrando aquí os catro de sempre, sera porque a intelixencia e un ben escaso. De todo-los xeitos, se se trata de subir a audiencia prometo contar con pelos e sinais as miñas quenturentas relacións ocultas con Lola Flores.
Xuroo pola tatuaxe de Melani.Comentario de Rosa Fazelas Repoludas hace 2 años y 36 meses
-
Corrección. O meu amor chamase FAZULAS, coido. Pero teño disculpa, fai pouco que saimos, e...
Comentario de Rosa Fazulas Fazelas hace 2 años y 36 meses
-
Xustamente, a miña intención primeira para establecer o teu link no meu blog, e xa fai desto tempo, é para ampliar o coñecemento na rede.
A segunda é porque gústame como escribes e o que dís, ademáis enriquezome...
Grazas por estar, por regalarnos cultura. BicosComentario de mirada hace 2 años y 36 meses
-
Pois moitas gracias. Aos namorad@s e aos que me "ligan" nos seus blogs. De corazón.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses
-
nada
Comentario de cesar hace 2 años y 35 meses
-
Di un provebio chino "Se caes sete veces levantate oito" polo que deixa de queixarte e comeza a facer cousas pra promocionar o teu blog. Se rapaces de 16 anos poden crear un web que teña preto das mil visitas o dia de media e que aguante case catro anos ti podes comezar a tua loita pra facer famoso o teu blog.
Comentario de motosicleta_man hace 2 años y 35 meses
-
eres una persona muy linda, y muy especial, cantas muy lindo
y te felicito por tus bailesComentario de yuris gil hace 2 años y 33 meses
-
hola jose como estas qes de tu vida y la de vero como esta la relacion con ustedes
Comentario de jernelys hace 2 años y 29 meses