QUINTANA, TOURIÑO, FRAGA. BIBLOS. AMOR HIPÓCRITA
Francisco Castro - 19-05-2005 10:23:42 | Categoria: Todos os meus artigos
É excelente a publicidade do Clube de Lectores Biblos que puidemos ver nalgún xornal hai uns días. Sacan un anuncio cunhas fotos de Quintana, Touriño e Fraga, mentres nos din que eles van facerse socios de Biblos xa, de inmediato. Algo así como que é o único que se pode concluir da paixón coa que falan da cultura galega.Gústame a retranca que hai aí.
A ironía que hai aí.
A verdade que hai aí.
Sempre é igual: durante as eleccións, falan e falan da cultura, do necesaria que é para un país, do esencial que é para Nós como pobo. E fan xuntanzas con escritores. E aprecian a participación das xentes da arte nos mitines.
Deixémonos de coñas: os artistas, á hora da verdade, conseguen votos. Quedan bonitos aí, no estrado. E prestixian ao político que se fai a foto con eles. Mais despois, como é tópico dicir, unha vez no poder, non nos fan nin caso. Haberá cartos para Feiras de Abril ou grupos de gaita escocesa, pero non para Nós.
Utilízannos. É un amor hipócrita.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Si, nas fotos De Toro luce un sorriso profident. Non creo que un artista inflúa no electorado á hora de votar. Ben, no caso de ver a Juan Pardo axitando unha bandeira do BNG , verbigracia, pensariao antes de introducir a papeleta pola rachiña da furna.
Comentario de Francisco Viñó hace 2 años y 36 meses
-
Coas presas collin o teu nome, disculpa.
Comentario de Rafael Viñó hace 2 años y 36 meses
-
Si, eu coido que si que inflúen, se non, non se buscarían xa non só aos artistas, senón aos "famosos" en xeral. Para a política ou para a publicidade (¿hai diferenza entre elas?).
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses