¿POR QUE? ALGUNHAS PREGUNTAS DIANTE DO DÍA DAS LETRAS
Francisco Castro - 16-05-2005 14:31:25 | Categoria: Todos os meus artigos
¿Por que segue aínda vivo entre a mocidade o prexuízo fronte o acento galego?¿Por que segue aínda vivo entre a mocidade o estereotipo de galgofalante pailán?
¿Por que a mocidade está convencida de que todos os galegofalantes urbanos son ademais nacionalistas e xa que logo se falan galego non é por lóxica natural senón "por algo"?
( FONTE: "O galego segundo a mocidade", Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega )
¿Por que se o 87,3 por cento dos galegos din que non teñen "ningunha dificultade" en entender a lingua, o castelán segue a ser o idioma no que falan espontaneamente?
¿Por que os falantes que van medrando xeración a xeración na terra é a dos bilingües con predominio do castelán e a que máis descende, xeración a xeración, é a de monolingües en galego?
( FONTE: "Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo" ).
Hoxe vou estar nun debate, ás 20 horas, sobre o estado da lingua galega, no Centro Cívico de Teis. Esas serán as miñas preguntas. Agora, quixera coñecer as vosas respostas.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Dá o mesmo, meu!
O que fai falla é que a xente pense e deste xeito o faga en calquera lingua. Se cadra cun chisco que lle dean aos miolos hanse decatar das respostas ás túas preguntas e talvez nese instante o fagan en galego. Mentres, non hai moito que se poida dicir... Se cadra o que máis falla é o pensamento, iso que nos diferenza como Seres humanos: a lingua forma parte dese tan sonado EFECTO GLOBALIZADOR do pensamento único?
Tamén "o camiñante fai camiño ao FALAR". Sigue a escribir e non pares de contar historias e facernos pensar.
Grazas. Saúdos dende TEIS.
Comentario de carlinhosmagister hace 3 años y 36 meses
-
Obviamente é necesario que a xente pense. E se decate. Pero a xente seica non pensa. E daquela non se decata. A xente sae a celebrar as victorias das súas equipas. ¿Imaxinas un millón de persoas, como as que había o outro día vitoreando ao Barça, reivindicando calquera cousa? En Galicia somos moitos máis, e non nos mobilizamos para nada. Tampouco para a lingua.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
Meu, ¿pero aínda andas con estas trapalladas?. Vou me dar á bebida como continue pasando por este blog...
Comentario de Rafael Viñó hace 3 años y 36 meses
-
A xente pensa de mais, o que pasa é que teñen outras preferencias: a súa familia, a súa vida, o seu traballo,...... esas cousas levan moito tempo; e non se decatan da importancia que ten coidar do seu país e a súa lingua. O día que vexamos que falar a nosa lingua e dicir con orgullo: “SON GALEGO” vai ser bo para as nosas vidas, entón quizais o falemos de cotío.
Comentario de Bartolomeu Lourenço hace 2 años y 36 meses
-
Pois si, aínda ando con estas trapalladas. E menos mal que andamos con elas, ¿non che parece?, ¿deixámonos destas trapalladas?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses
-
Unha pregunta máis:
¿ Por que alguns teñen garantizado o dereito a que a súa excluinte e intolerante relixión se ensine na escola pública e eu non teño garantizado o dereito a escolarizar e a meu fillo na miña lingua?
Comentario de Folerpa hace 2 años y 36 meses
-
Eu pasei polo mesmo co meu fillo. Incorporouse a unha escola infantil con dous anos. Falando - como pode falar un cativo desa idade - en galego. En poucos días dicía cousas como "papá, cólleme el leche", ou "mira, la puente de Rande".
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses