Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿COCAÍNA OU GALEGO?, ¿QUE LLE DAMOS Á TRIBO DE BREOGÁN?

Hoxe coñecemos o dato de que en Vigo - a miña cidade - só o 6 por cento dos nenos falan en galego.
A noticia abraia de por si, pero moito máis se un segue investigando e descobre que Vigo é a cidade de Galicia na que máis xente fala galego.
O filósofo José Antonio Marina dixo unha vez que "para educar a un só neno é necesaria toda a tribo".
O problema é que á tribo de Breogán impórtalle un pemento que o galego teña os días contados, que os nenos non falen a lingua de seu, que os autores galegos morran de pena, que os libros galegos esmorezan nos andeis das librerías. Á tribo de Breogán impórtalle non un pemento, senón tres ou catro pementos todo isto.
Á tribo de Breogán impórtalle menos que nada Galicia.
A tribo enteira falla. Porque as novas xeracións (¡ouh paradoxo!: as novas xeracións educadas en galego ) a pesares de coñecelo e de aceptar o seu valor como lingua, non o usan.
A tribo enteira falla.
Descende o uso do galego entre os máis novos.
Pero medra o consumo de cocaína entre os máis novos.
A tribo falla. No que perde e no que gaña.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Alá pola sudamérica lonxana medran os campos de coca, o arbusto pequeno de folla perenne fai retirar, é dicir, arrasa cos bosques tropicais, e claro, cos bosques van os paxaros, os mamíferos, os anfibios e demais fauna, e os insectos e a flora (a quen lle importan as plantas fermosas); e desaparecen os indíxenas, e a súa língua con eles (outra pra votar no saco). E iso acontece na lonxana e pouco desenvolvida sudamérica e polo que se ve aquí tamén. Adeus línguas, hola cocaína.

    Comentario de dasmam hace 3 años y 36 meses

  2. Santo remedio: que Perez Varela imparta normativizadores cursos de galego subvencionados para os camelos, e tamén para os cronistas deportivos e os vendedores de coches.
    Cando tódolos tráficos relevantes para a tribo de Breogan, de drogas, de xogadores de futebol e de automóbiles de alta cilindrada sexan en galego mudaran as cousas.
    Mentres tanto xa se sabe, drogras cohes e futebol.

    Comentario de Folerpa hace 3 años y 36 meses

  3. Penso que hai que ser optimista e pensar que ese 6 por cento é o principio dun crecemento. A maioría dos pais galegos foron educados durante a longa noite, e a nosa fala lle deron unha malleira que lle esta custando moito erguerse. A cuestión non é que a falen moitos nenos, é que empecen a respectala, a respectar a aqueles que a falan. Eu teño visto xente que ó dirixirse a alguén en castelán, ofendíanse se lles falaban en galego ( que verguenza, si le hablo castellano tenía que responderme en castellano), ¿e cómo lle explicas que están a falar a súa lingua? ¿A nosa lingua?. E non falo de xente de fora.
    Respecto e que coñezan a historia, e que saiban porque non falan a súa lingua e porque dende hai cincocentos anos empéñanse en que nos sintamos inferiores e avergonzados da nosa terra e nosa fala.

    Comentario de Bartolomeu Lourenço hace 3 años y 36 meses

  4. Non podo ser tan optimista. Aínda que gustaría de selo. Aínda hai moitos sitios ( certo é que de cada vez menos, mais hainos, hainos ), sobre todo no sector do comercio ( moi en especial no téxtil ), onde falas en galego interesándote por tal peza de roupa, ou uns zapatos ou o que sexa, e seguen a contestar en castelán. A pesares de que son de aquí. Logo, curiosamente, ves que fan un grande esforzo por se expresar ¡EN GALEGO! cos clientes portugueses.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses

  5. Si que hai xente que a despreza, mais a maioría é aquela que tanto lle ten. Ti sabes, Fran, que neste tema eu debería ter a boca pechada, pero penso que é unha labor de formiguiña, que temos que ser pacientes. Quizais eu non fale a nosa lingua, ou non a falen os meus fillos pero temos que empezar por facer que sexa unha lingua presente nas nosas casas: a temos que ler, a temos que escribir....e a temos que falar, por suposto; e o mellor para o ano que ven non son un 6 por cento, senón u 7, un 8,...

    Comentario de Eusebio hace 3 años y 36 meses

  6. Desliga a idea de lingua minoritaria no seu uso. O verdadeiramente significativo é a consideración minorizada que se ten dela.
    Talvez se as mozas e mozos ligasen en galego todo avanzaría. En cuestións de lingua xa se sabe...canto máis a empreguemos mellor.
    Por certo... desligar éche a apagar coma ligar a acender, meu!

    Comentario de carlinhosmagister hace 3 años y 36 meses

  7. Fagamos porros cos grelos, esnifemos pementos de padrón, que as litronas sexan de albariño... xa se sabe, o da casa non fai dano. Adeus colesterol, ola dieta atlántica.

    Comentario de Rafael Viñó hace 3 años y 36 meses

  8. Non e que non se respecte a nosa lingua. Nin tan sequera que non se quera falar. A culpa non a temos unicamente os xoves. Eu tamen son vigues e, polo tanto, Galego. O problema da nosa lingua chega directamente da administracion. Vigo e unha cidade que ten moi pouca xente de seu. Un e ourensán outro madrileño, outro lucense, e asi poderia continuar. A administracion non fai nada coma en cataluña que faga a xente das cidades aprender o noso idioma. Os rapaces si, Incorporase o galego o ensino. Realmente, serve de algo? Penso que non. Eu saio a rua, comezo unha conversa cun descoñcido falando en galego e esa misteriosa persoa respostame en castelan. Non respetan a xente. Pola contra eu cando alguen falame en galego respostolle da mesma forma. No rural no canto diso ocorre todo o contrario. Ti chegas sendo da cidade e falan en castelan por que pensan que ti non falas o galego e rematan a falar en galego contigo o ver que lles segues o hilo, e se eles falan castelan e ti falaslle en galego respostante tamen en galego.
    Resumindo o que pretendo dicir e que a xente non fala galego por que a xente non resposta en galego e iso, polo menos a min, frustrame.

    Comentario de motosicleta_man hace 2 años y 35 meses

  9. Remítovos a unha entrevista que lle fixeron a Joan Manuel Serrat http://www.jmserrat.com/index2.html en el dominical de La Vanguardia en Decembro de 1983. Falando do bilingüismo di:” O bilingüismo para min non é un problema senón unha praxis.....O perigo para Catalunya non é que J.M. Serrat cante “tamén” en castelá, senón no feito de que cantar en catalá deixe de ser unha actitude normal dun pobo para quedarse nun numero folklórico para “aplecs” e “caramelles” ( festas ou romerías)........estamos en condicións difíciles para a supervivencia, e os imperativos de mercado gravitan sobre un pobo no que conviven á par dúas linguas, unha delas é autóctona pero está potencialmente en enorme inferioridade ante a outra que está por todo o mundo e a falan os famosos “trescentos millóns”.

    O importante é que o galego se vaia introducindo na nosa vida. Que o escoitemos e o falemos e o escribamos. Necesitamos libros en galego, cine e tv en galego e tamén música en galego, aínda que sexan malos; aínda que sexan Códigos Da Vinci, Ana e os sete ou Bisbal.

    Comentario de Eusebio hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.