O LIBRO GALEGO, MÁIS VISIBLE.
Francisco Castro - 11-05-2005 14:43:07 | Categoria: Todos os meus artigos
Onte martes, aproveitando a presentación do meu Río Leteo en Pontevedra, pregunteille a Miguel Anxo Fernán-Vello ( que agora está a fronte da Asociación de Editores ), sobre o que os xornais publicaban referido ao acordo entre a TVG e os editores para facer máis visible o libro galego, buscándolle espazos en diferentes momentos da programación, dando conta das novidades, dándolle voz aos autores, etc... Pedinlle a confirmación da nova. E si. Habemus acordo catódico.Penso, sinceramente, que é unha boa noticia. Haberá que ver no que queda. Pero quero ser hoxe optimista e celebralo desde aquí.
Levamos falando anos da invisibilidade do libro galego... na propia Galicia. Edítanse libros dunha calidade indiscutible dos que non chega a saír nin unha soa línea nun xornal, nin unha soa referencia pública en ningunha parte. E non se entera ninguén ou só o sabemos os que estamos mergullados dentro do propio sistema literario e os lectores case militantes.
E iso é tráxico para unha cultura e unha literatura.
Para calquera cultura.
Para calquera literatura.
Hai autores de Nós, dun talento enorme que pasan desapercebidos cando outros (Madonna, ¿lembrades?, ¿ou debo escribir Pérez Reverte?), son tratados polos medios de Aquí como Auténticos Campións da Palabra.
Agardemos a que ese acordo axude ao libro galego, para que non teñamos, sempre, sempre, que esperar ao mes de Maio para que se fale de Nós e das Historias de Nós.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Parabéns polo libro e tamén polo blog Fran. Pena de perderme as Tanxedoras na súa presentación mundial pero ao parecer o teño en video jeje. Xa che contarei. Leemonos.
Comentario de PAco hace 3 años y 36 meses
-
Gracias Paco polas túas animosas palabras. Foi unha mágoa que perdeses a estrea mundial das Tanxedoras do Pandeiro. Pódoche asegurar que, aínda que teñas o video da actuación, foi moito máis poderoso e brillante oílas en directo.
LémonosComentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses