EU QUERO SER MADONNA
Francisco Castro - 05-05-2005 17:02:13 | Categoria: Todos os meus artigos
É un tópico recorrente dicir que a Literatura Infantil e Xuvenil galega é unha das nosas bandeiras culturais máis sólidas. Galicia exporta títulos e éxitos e talento. Autoras e autores que son celebrados polo mundo adiante. Son traducidos e os dereitos vendidos a outras linguas con bastante normalidade.Mais, como en case que todo o que ten que ver con Nós, a sociedade galega olla para outra parte.
Hoxe, todos os xornais galegos e de fóra, dedican parte do seu espazo (tan importante: o que non sae nos medios, non existe; isto é especialmente relevante polo que se refire a dar conta da saída das novidades da nosa literatura ) a contarnos que Madonna ten un novo libro. Un libro infantil. Vaise titular "Unha morea de cartos", e servirá para explicarlles aos nenos o que é a riqueza. Que bonito.
O asunto de Madonna é o de menos. Dáme igual. Que lle preste. O que importa e o que vos pregunto é saber por que os escritor@s galegos son tan ignorados. Se somos unha superpotencia mundial, xa non direi na Literatura, así, en maiúsculas ( Casares dicía e repetía e proclamaba, feliz, e sincero, que viviamos un Século de Ouro na Literatura Galega Contemporánea ), nos eidos da Literatura Infantil e Xuvenil, se o somos, insisto, ¿por que tan pouca presenza, ou case, na sociedade?,¿por que tan pouca atención?, ¿por que esta ignorancia se é algo - din, repiten, proclaman, diagnostican, afirman, Os Expertos - do que podemos presumir?
Eu quero ser Madonna.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
O dito neste caso defínenos como país: Mexan por nós e dicimos que chove, chapapoteannos e votámolos, marxinannos e degobernannos e encollemos os ombreiros. Así nos vai na realidadade e na ficción.
Eu o que quero e ter unha nai coma Madonna e un grande complexo de Edipo.Comentario de Folerpa hace 3 años y 36 meses
-
Preguntas, pre ghuntas, pre xuntas, pre untas, pre posición pre.
www.mividacomounchino.comComentario de Matías Bruñulf hace 3 años y 36 meses