NON ESCRIBAS. VENDE SEGUROS
Francisco Castro - 04-05-2005 14:37:05 | Categoria: Todos os meus artigos
Os "intelectuais" dirixentes e funcionarios e dilixentes e esforzados da Unión Europea veñen de anunciar a súa intención de que "caian todas as fronteiras das hipotecas e dos seguros". Abráiame esta dialéctica épica. Que caian as fronteiras... Soa guerreiro. Libertador. Non é de estrañar: a palabra "liberdade", moitos, só saben asociala a economía. ¿Como é que dúas palabras tan diferentes alguén pode poñelas xuntas? Libre mercado. Libre movemento de mercadorías. Libre cambio... ¿Despido libre?Queren que caian as fronteiras, e que os bancos que nos hipotecan a vida se movan como o desexen. Ou os vendedores de seguros.
Sen embargo, a Unión Europea non semella preocuparse do lento esmorecemento da industria do libro, das librerías, dos escritores, das linguas, das culturas... Máis ben, todo iso que poderiamos chamar "industria cultural" soporta uns atrancos e atura uns condicionantes políticos, económicos e burocráticos que fan que o feito de dedicarse a isto da cultura sexa, en verdade, si heroico, si épico. Escritores, actores, pintores: heroes europeos pechados nas fronteiras fétidas da realidade.
Caerán as fronteiras hipotecarias. Seguros. E deixaremos de escribir, comprendendo a nosa inutilidade.
¿Que fas escribindo? Vende seguros. Rehipotécate.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
No fondo da esencia das cousas...esa esencia tan estudada ao longo da Historia polos filósof@s, está a libreidadeparaescollerenliberdadedepensamento. Isto, benquerido amigho, non poderán hipotecalo nunca. Por certo:
LIBRE, LIBRO, LIBER - LIBRI... TADE E IDADE aínda teñen algho en común non si? Se dubidas algho non esquezas dar unha volta pola casa dos libros...que tamén ch é a casa das liberdades, e para todas as idades.
Bicos dende Teis e ghrazas.Comentario de Carlinhosmagister hace 3 años y 36 meses
-
Sigamos dende aquí, dende o Teis libre de dicir catro cousas para que nos "aseguren" que todo irá pra mellor. Pero parece que non, que hai que facer urbanizacións e portos deportivos pero en Teis seguimos sen bibliotecas ou librerías de entidade.
Amigo filósofo dígoche que a miña próxima compra será un libro, seguro que non será un seguro.Comentario de dasmam hace 3 años y 36 meses
-
Quero darlle as gracias a Francisco pola sorpresa de terme atopado este blog.Son unha admiradora del dende hai moitos anos.Gracias polas tuas histórias.Fixéchesme pasar momentos moi bos.Encantoume o teu Río Leteo,río que non caerá no meu esquecemento.
Comentario de burideira hace 3 años y 36 meses
-
Miragre:
Teño 36 anos, parella, dous fillos, un feixe de libros e carezo de hipoeteca ou seguro algún.Comentario de Folerpa hace 3 años y 36 meses
-
pois a folerpa: que diolo bendiga; esas espécies hai que protexé-las
Comentario de kaplan hace 3 años y 36 meses