AS AFINIDADES SELECTIVAS. GOETHE
Francisco Castro - 03-05-2005 21:09:30 | Categoria: Todos os meus artigos
Goethe falou das Afinidades Selectivas. Independentemente do que signifique ou o que el quixo significar cando o escribiu, o certo é que é un deses títulos que resultan suxestivos. Non sei por que, mais hoxe que principio a miña andaina polo mundo do virtual (xa son un blogger, ¿escríbese así?, xa son, xa que logo, un tipo do século XXI, un escritor moderno... un ser real... ), venme aos miolos ese epígrafe. As Afinidades Selectivas. Algo así como a capacidade para escoller con quen nos unimos, con quen decidimos pasear pola vida, a quen aceptamos ou a quen poñemos fóra.¿Que é un blog? É probable que todo iso e todo o contrario. Todo iso: Audiencia potencial de millóns de persoas, lectores infinitos. Todo o contrario: Audiencia potencial da soidade máis absoluta se ninguén aterra por esta illa de naufraxios, lector solipsista. Mais todos serán benvidos.
Non haberá, non pode haber, xa que logo, afinidades selectivas.
Estou agardando por vós.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Xa non andas só, aquí estamos outros "blogeros" facendo ruta dixital, interactiva, instantánea e como ven dis sin afinidades de ningún tipo, que entre pola porta ó que lle apeteza a a naufragar xuntos.
Unha aperta desde Eldernad.Comentario de dasmam hace 3 años y 36 meses